Saltar ao contido

Cova de Ceza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCova de Ceza
Tipocova Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNoceda, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°40′50″N 7°08′18″O / 42.68051082, -7.13844317

A cova de Ceza é unha cova natural situada en Noceda (Folgoso do Courel), preto do límite co concello de Pedrafita do Cebreiro. Ten un percorrido de 840 metros polo que corre un pequeno regato[1] que xorde dunha lagoa subterránea.

A cova explorouse en varias ocasións dende a década de 1980 e no seu interior atopáronse fósiles de fauna da Era cuaternaria pertencentes a osos das cavernas. Desde 2015 precísase permiso da Xunta de Galicia para visitar esta cova. Forma parte do Xeoparque do Courel.

  1. "Primeras visitas a la cueva de Ceza desde que se regularon las entradas". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-06-03. Consultado o 2024-11-14.