Saltar ao contido

Cova de Valporquero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCova de Valporquero
Imaxe
Tipocova turística Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVegacervera, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°54′22″N 5°33′32″O / 42.9062, -5.559

A cova de Valporquero é unha cavidade subterránea que está situada en Valporquero de Torío, no concello de Vegacervera, ao norte da provincia de León. A caverna abriuse ao público en 1966.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A entrada á cova atópase a unha altitude de 1.309 metros sobre o nivel do mar. Ten un nivel superior de 1300 metros de lonxitude, habilitado para a visita turística. Un nivel inferior ocupado por un río, con 3.150 metros de lonxitude visitable por espeleólogos e expertos. A temperatura interior é duns 7 graos centígrados, que se mantén constante durante todo o ano. A humidade é do 99%.

O percorrido turístico é guiado, a través das 7 salas:

  • Pequenas marabillas
  • Gran rotonda
  • Fadas
  • Cemiterio estalactítico
  • Gran vía
  • Columna solitaria
  • Marabillas

Poden contemplarse formacións de estalactitas e estalagmitas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]