Cráter (vasilla)
Unha crátera, cratera ou cráter[2][Cómpre referencia] (do grego κράτηρ) é un recipiente de cerámica de gran capacidade destinado a conter unha mestura de auga e viño coa que se enchían os vasos; os antigos raramente bebían viño puro. Levábase ao lugar da comida e depositábase no chan ou nunha plataforma. Nun simposio grego, os cráteres colocábanse no centro da sala. Como eran grandes, non eran fáciles de levar. Polo tanto, a mestura de viño e auga era retirada do cráter con outras vasillas de kilix máis pequenas. O copeiro (chamado pincerna ou pocillator en latín) administraba o líquido cun cullerón ou kyathos (chamado cyathus en latín) e enchía as copas (pocula ou calices) dos convidados.
Tipos
[editar | editar a fonte]As cráteras fabricábanse en barro e en metais preciosos e eran modeladas con formas distintas, ao gusto do artista. Tiña sempre unha boca ancha. As formas máis estendidas e que se atoparon nas escavacións son:[3]
- Crátera de columnas, con asas verticais como fustes, que están rematadas por un saínte horizontal. É a forma máis antiga.
- Crátera de volutas. Chámase así porque as súas asas, que sobresaen por encima da boca, forman volutas, é dicir, en forma de espiral ou caracol. Mantivéronse até o s. IV a. C.
- Crátera de cáliz, que lembra ao cáliz das flores e cuxo perfil ten forma case de trapecio investido. É un tipo máis moderno que os dous anteriores.
- Crátera de campá, con asas saíntes e dirixidas cara a arriba e con forma de campá investida. É un tipo de uso tardío, da época final das pinturas de vasos.
-
Crátera de columnas
-
Crátera de volutas
-
Crátera de cáliz
-
Crátera de campá
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Red Digital de Colecciones de Museos de España - Museos". ceres.mcu.es (en castelán). Consultado o 2023-01-22.
- ↑ "bUSCatermos; cráter". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-01-22.
- ↑ Estela Ocampo, Diccionario de términos artísticos y arqueológicos, p.66, Barcelona: Icaria (1992), ISBN 84-7426-191-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cráter |
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- SMITH, William; ANTHON, Charles. A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Londres: John Murray, 1890.