Cré na Cille
Cré na Cille | |
---|---|
Título orixinal | Cré na Cille |
Autor/a | Máirtín Ó Cadhain |
Cuberta | Sáirséal agus Dill |
Orixe | Irlanda |
Lingua | irlandés |
Editorial | Sáirséal agus Dill |
Data de pub. | 1949 |
Páxinas | 364 |
Editor | Sáirséal agus Dill |
Tradución | Alan Titley Liam Mac Con Iomaire e Tim Robinson |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cré na Cille é unha novela en irlandés escrita por Máirtín Ó Cadhain, publicada en 1949. Está considerada unha das mellores novelas escritas en irlandés.[1]
Título
[editar | editar a fonte]Cré na Cille significa literalmente "Terra da Igrexa"; tamén foi traducida (en inglés) como A arxila do cemiterio[2], O solo do cemiterio[3], A terra do cemiterio[4], Igrexa e arxila[5] e O po sucio.[6]
Temática
[editar | editar a fonte]A novela está escrita case enteiramente como conversa entre os mortos dun cemiterio de Connemara. A súa leria está chea de chismes, mordacidades, coqueteos, liortas e malmeter.[7]
Recepción
[editar | editar a fonte]A novela considérase unha obra mestra da literatura irlandesa do século XX e provocou comparacións co traballo de Flann O'Brien, Samuel Beckett e James Joyce.[8][9] Na súa forma seriada, Cré na Cille líase en voz alta e por iso gañou un posto como un clásico entre os falantes irlandeses.[10][11] Cian Ó hÉigeartaigh, coautor de Sáirséal agus Dill (1947-1981), afirma que revigorizou o rexurdimento de escritura en lingua irlandesa no século XX.[12]
Historia de publicación
[editar | editar a fonte]Cré na Cille foi editada como unha publicación seriada polo diario The Irish Press e entón compilado por Sáirséal agus Dill en 1949.[13] Foi traducido ó noruegués por Jan Erik Rekdal e publicado en 1995 por Gyldendal Norsk Forlag como Kirkegårdsjord - gjenfortellinger i ti mellomspill, e traducida ó dinamarqués por Ole Munch-Pedersen e publicado en 2000 por Husets Forlag como Kirkegårdsjord - genfortælling i ti mellemspil.[14][15]
Publicáronse dúas versións inglesas da novela en 2016 por parte de Yale University Press e Cló Iar-Chonnacht. A primeira tradución, O po sucio, foi traducida por Alan Titley, e a segunda, Graveyard Clay, por Liam Mac Com Iomaire e o cartógrafo británico Tim Robinson. Joan Keefe completara anteriormente unha tradución en 1984 como parte da súa tese, pero nunca se publicou.[16]
A carencia dunha tradución inglesa durante un período tan longo de case sesenta anos dende a primeira publicación do libro converteuse en parte da súa fama e foi un asunto de especulación.[17] Os tres intentos temperáns de tradución por parte de Sáirséal agus Dill estiveron cheos de problemas: o primeiro cando a moza seleccionada como tradutora marchou a un convento; o segundo pola negativa do poeta irlandés Thomas Kinsella e o terceiro polo esforzo inútil por parte dun compañeiro de prisión de Ó Cadhain.[18]
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Radio
[editar | editar a fonte]Unha versión dramatizada da novela foi emitida na radio RTÉ Raidió na Gaeltachta en 1973, e revisada e reemitida en 2006 como parte das celebracións do centenario de Ó Cadhain por parte de RTÉ.[19]
Obra de teatro
[editar | editar a fonte]A novela foi adaptada para a escena por Macdara Ó Fátharta e exhibiuse en 1996 e 2006.[20][21] O papel de Caitríona Pháidín foi representado por Bríd Ní Neachtain. A acción foi dramatizada “nun espazo cavernoso, cos personaxes que aparecen desde os recunchos para interactuar con Caitríona, antes de que se agochen amodo volvendo á escuridade, lembrándonos que estas persoas gradualmente están a fundirse co arxila da tumba”.[22] Bríd Ní Neachtain foi nomeada para un Premio de Teatro do Irish Times polo seu papel na obra.[23]
Filme
[editar | editar a fonte]En 2007 saíu unha adaptación cinematográfica, dirixida por Robert Quinn. Como a obra de teatro, foi escrita por Macdara Ó Fatharta e protagonizada Bríd Ní Neachtain.[24]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Irish Classics. 2001. ISBN 9780674005051. Consultado o registration.
- ↑ "Graveyard Clay/Cré na Cille review: New lease of life for Irish classic".
- ↑ "Cré Na Cille le Máirtín Ó Cadhain". RTÉ.ie.
- ↑ Cathal Ó Háinle. "Máirtín Ó Cadhain (Aitheasc Luan na Tríonóide 2002)" (PDF). Trinity College Dublin.
- ↑ State, Paul F. (3 de novembro de 2018). A Brief History of Ireland. Infobase Publishing. ISBN 9780816075164 – vía Google Books.
- ↑ "The Dirty Dust Cré na Cille (Paperback Edition) - CIC". www.cic.ie.
- ↑ Yale University Press (17 de marzo de 2016). "Graveyard Clay: Cré na Cille". Yale University Press. Consultado o 21 de febreiro de 2017.
- ↑ Brennan, William (17 de marzo de 2016). "The Irish Novel That's So Good People Were Scared to Translate It". The New Yorker. Consultado o 21 de febreiro de 2017.
- ↑ Kiberd, Declan (15 de febreiro de 2006). "No Ordinary Man". Irish Examiner.
- ↑ Ó Cadhain, Máirtín (2016). "Translator's Introduction". The Dirty Dust: Cré na Cille. Traducido por Titley, Alan. New Haven: Yale University Press. pp. ix–x. ISBN 9780300198492.
- ↑ Glucksman Ireland House NYU (5 de maio de 2015). "U.S. launch of The Dirty Dust with Alan Titley, Colm Tóibín, & Brian Ó Conchubhair at GIH NYU". YouTube. Consultado o 21 de febreiro de 2017.
- ↑ RTÉ Radio 1 (9 de febreiro de 2015). "Arts Tonight". RTÉ. Consultado o 21 de febreiro de 2017.
- ↑ NcEoin, Mairin; O'Tool, Fintan (4 de xullo de 2015). "Modern Ireland in 100 Artworks: 1949 – Cré na Cille, by Máirtín Ó Cadhain". The Irish Times. Consultado o 21 de febreiro de 2017.
- ↑ Kirkegardsjord : genfortaelling i ti mellemspil. OCLC 810733488.
- ↑ Kirkegårdsjord : gjenfortellinger i ti mellomspill. OCLC 46656985.
- ↑ Philip, O'Leary (abril de 2016). "We're No Angels". Dublin Review of Books.
- ↑ "Giving nothing away". The Irish Times. 27 de maio de 2000. Consultado o 21 de febreiro de 2017.
- ↑ Cronin, Michael (7 de abril de 2001). "It's time for Cre na Cille in English". The Irish Times. Consultado o 21 de febreiro de 2017.
- ↑ RTÉ Radio 1 (29 de marzo de 2012). "Cré Na Cille le Máirtín Ó Cadhain". RTÉ. Consultado o 22 de febreiro de 2017.
- ↑ Abbey Theatre. "Cré na Cille 1996 (Tour)". Abbey Theatre. Consultado o 22 de febreiro de 2017.
- ↑ "Going back to the plot". The Irish Times. 12 de agosto de 2006. Consultado o 22 de febreiro de2017.
- ↑ Lonergan, Patrick (31 de xullo de 2006). "Reviews". The Irish Times. Consultado o 22 de febreiro de2017.
- ↑ Irish Film Board (1 de decembro de 2010). "DVD of film adaptation of celebrated Irish language novel 'Cré na Cille' now available to buy". Irish Film Board. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2017. Consultado o 22 de febreiro de 2017.
- ↑ RTÉ (29 de maio de 2007). "Cré na Cille shortlisted at Shanghai Film Fest". RTÉ. Consultado o 22 de febreiro de 2017.