Crónica Rotense
Crónica Rotense | |
---|---|
![]() Páxina da Crónica Rotense | |
Título orixinal | Chronica Rotensis |
Lingua | Latín |
Tema(s) | Historia dos monarcas de Oviedo e do reino altomedieval de Galicia |
Xénero(s) | Crónica histórica |
Data de pub. | Século IX |
Formato | Manuscrito |
Precedido por | Crónica Albeldense |
Seguido por | Crónica Ovetense |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Crónica Rotense (Chronica Rotensis) foi unha crónica escrita en latín a finais do século IX,[1] no noreste da Península Ibérica. Por orde cronolóxica das crónicas que fan referencia á historia dos monarcas de Oviedo e os seus supostos antecesores, a de maior antigüidade é a Crónica Albeldense e, de seguido, a Crónica de Afonso III da cal, a rotense, adoita ser considerada como a súa primeira versión.
Características
[editar | editar a fonte]A denominación de "Rotense" vén por terse atopado nun códice da Catedral de San Vicente de Roda de Isábena,[2] en Huesca, o manuscrito desta versión da Crónica de Afonso III.[3]
Desta última, a primeira "versión" é a Crónica Rotense, que é a máis completa,[3] e, posteriormente, xorde a Crónica Ovetense, a cal daba maior énfase neogoticista ao mito de Paio como sucesor dos Reis de Toledo, e polo tanto do Reino visigodo.
Está escrita nun latín bastante bárbaro, pero con sinxeleza e naturalidade, presumiblemente por un laico, mentres que a versión de Sebastián está máis censurada e retocada,[4] e a finalidade destas dúas crónicas foi a de demostrar a continuidade dos monarcas visigodos ata os monarcas asturianos. O texto indica tamén a continuidade do Reino suevo dentro do reino visigodo, afirmando que Vitiza reinaba en Tui sobre os suevos mentres o seu pai Éxica o facía sobre os visigodos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aguirre Cano (2018), p. 99
- ↑ Iglesia Aparicio, Javier. "Crónica Rotense – Fuente histórica". condadodecastilla.es (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 2025.
- ↑ 3,0 3,1 Collins (2005), p. 139
- ↑ Aguirre Cano (2018), p. 50
- ↑ "INCIPIT CRONICA UISEGOTORUM A TEMPORE BAMBANI REGIS USQUE NUNC IN TEMPORE GLORIOSI ORDONI REGIS DIVE MEMORIE ADEFONSI REGIS FILIO COLLECTA". web.archive.org. 2017-09-19. Archived from the original on 19 de setembro de 2017. Consultado o 2025-01-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aguirre Cano, Víctor Manuel (2018). La construcción de la realeza astur. Poder, territorio y comunicación en la Alta Edad Media (en castelán). Santander: Ediciones Universidad de Cantabria. ISBN 978-84-8102-842-3.
- Collins, Roger (2005). La España visigoda. Serie Mayor (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 84 8432-636 5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Copia en latín da Crónica Arquivado 19 de setembro de 2017 en Wayback Machine.