Saltar ao contido

Cricétidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cricétidos
Cricetidae

Rango fósil: oligoceno - actualidade

Hámster anano de Campbell
(Phodopus campbelli)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia (= Eutheria)
Orde: Rodentia
Suborde: Myomorpha
Superfamilia: Muroidea
Familia: Cricetidae
Fischer, 1817
Subfamilias
Véxase o texto

A dos cricétidos (Cricetidae) é unha familia de roedores miomorfos que forma parte da gran superfamilia dos muroideos.

Esta familia inclúe, entre outros animais, aos hámsteres, as ratas de auga, os lemmings e as ratas e ratos do Novo Mundo. Con case 600 especies, é a segunda familia de mamíferos máis numerosa.

Os cricétidos foron inicialmente clasificados como parte da familia dos múridos e despois como unha subfamilia desta. Por outro lado, estudos xenéticos modernos puxeron en evidencia que parte das subfamilias e xéneros que foron incluídos tradicionalmente entre os critécidos non forman parte desta familia.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1817 polo entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim, en Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow, '5: 372.[1]

Na actualidade, a familia dos cricétidos subdivídese en 6 subfamilias (máis unha extinta), que inclúen 112 xéneros e unhas 580 especies vivas.[1]

Familia Cricetidae

Controversia

[editar | editar a fonte]

A posición da subfamilia dos Lophiomyinae (cun único xénero, Lophiomys, e unha únicxa especie, L. imhausi) é incerta; foi considerada tamén como familia independente (Lophiomyidae), ou como subfamilia das familias dos  Muridae e dos Nesomyidae.[2]

  1. 1,0 1,1 Cricetidae Fischer, 1817 en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.
  2. Lophiomyinae Milne Edwards, 1867 en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference 3rd ed. Baltimore, Mariland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 0-8018-8221-4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Jansa, S. A. and M. Weksler (2004): "Phylogeny of muroid rodents: relationships within and among major lineages as determined by IRBP gene sequences" Molecular Phylogenetics and Evolution 31: 256-276.
  • Michaux, J.; A. Reyes and F. Catzeflis (2001): "Evolutionary history of the most speciose mammals: molecular phylogeny of muroid rodents" Molecular Biology and Evolution 17': 280-293.
  • Norris, R. W.; K. Y. Zhou, C. Q. Zhou, G. Yang, C. W. Kilpatrick and R. L. Honeycutt (2004): "The phylogenetic position of the zokors (Myospalacinae) and comments on the families of muroids (Rodentia)". Molecular Phylogenetics and Evolution 31: 972-978.
  • Steppan, S. J.; R. A. Adkins and J. Anderson (2004): "Phylogeny and divergence date estimates of rapid radiations in muroid rodents based on multiple nuclear genes" Systematic Biology 53: 533-553.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]