Crioulo de Guinea-Bissau
Crioulo de Guinea-Bissau 'guinensi, kriyol, purtuguis’kriolo’ | ||
---|---|---|
Outros nomes: | kriyol de Guinea-Bissau, kriulo, crioulo portugués | |
Falado en: | Guinea-Bissau, Senegal e Gambia. | |
Total de falantes: | 1.305.800 [1] | |
Familia: | Linguas Crioulas Crioulo de base portuguesa Crioulos afro-portugueses Crioulos da Alta Guinea Crioulo de Guinea-Bissau | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún estado. | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | pov
| |
Mapa | ||
Status | ||
O crioulo de Guinea-Bissau[2] é unha lingua crioula baseada no portugués, e próxima ao crioulo caboverdiano, falada en Guinea-Bissau, Senegal e Gambia. Os seus autónimos son guinensi,[3] kriyol,[4] e portuguis.
En Guinea-Bissau é a lingua nativa de 239.000 habitantes e ten arredor dun millón de falantes coma segunda lingua.[1]
No sur do Senegal fálase un dialecto do crioulo de Guinea-Bissau coñecido coma Portuguis ou crioulo de Casamansa, que é a lingua maioritaria dos habitantes da rexión de Casamansa e emprégase coma lingua franca.[5]
O crioulo de Guinea-Bissau está aínda en expansión pero cunha crecente interferencia por parte do portugués (descrioulización): por mor da televisión, a literatura, o prestixo e a emigración a Portugal; e linguas africanas: a través da migración de falantes de linguas nativas aos principais centros urbanos nos que prevalece o crioulo. O portugués estándar é a lingua oficial de Guinea-Bissau, mais o crioulo é a lingua franca do comercio, a literatura informal e o entretemento e non se usa no xornalismo, o Parlamento, os servizos públicos ou a educación.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]Os crioulos da Alta Guinea son os crioulos de base portuguesa máis antigos, nados arredor dos asentamentos portuguesas da costa noroeste de África. Os mercadores e colonos portugueses comezaron a se mesturar coa poboación local case de inmediato; o que se converteu nun costume entre os exploradores portugueses e é a principal razón do gran número de crioulos portugueses en todo o mundo. Un pequeno número de colonos chamados lançados contribúe ao espallamento do portugués.
Hai tres dialectos principais deste crioulo en Guinea-Bissau e o Senegal:
- Bissau e Bolama
- Bafata
- Cacheu–Ziguinchor
O substrato do crioulo é a lingua das poboacións locais: mandingas, manjacos, pepéis e outros, pero a meirande parte do léxico (arredor dun 80 %) provén do portugués. O dialecto de Casamansa, semellante ao de Cacheu (Guinea-Bissau), ten algunha influencia do francés.
Exemplo
[editar | editar a fonte]Declaración Universal dos Dereitos Humáns
Tudu pekaduris ta padidu libri i igual na balur suma na diritus. Suma e dadu kapasidadi di pensa, e tene tambi konsiensia, e dibi di trata nutru suma ermons.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ethnologue
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para guineano.
- ↑ Scantamburlo, Luigi. (2019). Dicionário do Guineense (2a. ed.). Lisboa: Colibri. ISBN 9789896898106. OCLC 1091114509.
- ↑ Kihm, Alain. (1994). Kriyol syntax : the Portuguese-based Creole language of Guinea-Bissau. Amsterdam: J. Benjamins. ISBN 9789027276674. OCLC 772227357.
- ↑ José Horta (12–25 de abril de 2006). "A Língua Portuguesa no Senegal" [Portuguese language in Senegal] (en Portuguese). Instituto Camões. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2014.
- ↑ "Situação Sociolinguística da Guiné-bissau" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de decembro de 2011. Consultado o 01 de setembro de 2019.
- ↑ "Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humáns". www.ohchr.org.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kihm, Alain. (1994). Kriyol syntax : the Portuguese-based Creole language of Guinea-Bissau. Amsterdam: J. Benjamins. ISBN 9789027276674. OCLC 772227357.
- Elizabeth Colleen Nicoleti - Body-part idioms in Crioulo of Guinea-Bissau (SIL 2011)
- Bart Jacobs - Upper Guinea Creole - Evidence in favour of a Santiago birth (John Benjamins 2009)
- Guinea-Bissau Creole lessons Memrise Arquivado 25 de outubro de 2018 en Wayback Machine.
- Sabou Almeida - Crioulu Grammar Made Simple (Peace Corps 1991)
- Luigi Scantamburlo - Dicionário Do Guineense (Fasbeti 2003) Arquivado 29 de agosto de 2019 en Wayback Machine.