Cristal líquido
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e8/Shilirren_texture.jpg/200px-Shilirren_texture.jpg)
Os cristais líquidos son unha clase de moléculas que están nun estado da materia entre o estado líquido e o estado sólido, coñecido como estado líquido cristalino (ou mesomórfico, do grego Mesos Morphe: entre dous estados).
Algúns tipos de cristais líquidos presentan cores fortes que se alteran baixo a acción de temperatura, presión, campo eléctrico e magnético, outros teñen rápida resposta electroóptica na presenza de campo eléctrico, por eses motivos o cristal líquido adoptouse en longa escala pola industria electrónica e úsase principalmente na fabricación de pantallas para televisións e monitores, alén diso o cristal líquido tornouse o material padrón para a fabricación de displays para equipamentos electrónicos de todos os tipos.