Saltar ao contido

Cristina Durán Costell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCristina Durán Costell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1970 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Valencia - Belas Artes
Middlesex University (en) Traducir - Programa Erasmus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustración e banda deseñada Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónilustradora, artista de banda deseñada Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Twitter: CrisDuranLaGRUA BNE: XX1670113 Editar o valor en Wikidata

Cristina Durán Costell, nada en Valencia en 1970, é unha ilustradora e debuxante.[1] Premio Nacional de Cómic en 2019.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse pola facultade de Belas Artes de Valencia na especialidade de debuxo. Mentres estudaba creou o fanzine No Aparcar Llamo GRUA con Miguel Ángel Giner, Robin e Alberto Botella. Posteriormente, en 1993, os catro crearon a empresa LaGRUAestudio, dedicada á ilustración de libros e publicidade, o cómic e a animación.[2] Traballou para que a Asociación Profesional de Ilustradores de Valencia (APIV) retomase a súa actividade en 1997 e foi a súa presidenta entre os anos 2006 e 2009. Tamén foi membro da Xunta Directiva da Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales (FADIP) e da xunta fundadora do European Illustrators Forum (EIF).[3]

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • Finalista do Premio Nacional de Cómic entregado polo Ministerio de Cultura de España por Una posibilidad entre mil (2010)[4]
  • Finalista do Premio Nacional de Cómic entregado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte por La máquina de Efrén (2013)[5]
  • Premio Nacional de Cómic en 2019 como debuxante xunto co guionista Miguel Ángel Giner Bou por El día 3.[6]


  1. "El segle d'or valencià (cop. 2014) - Durán, Cristina, 1970-". Consultado o 1 de xullo de 2015. 
  2. "APIV - Cristina Duran". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2015. Consultado o 12 de maio de 2014. 
  3. "Biografías". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2015. Consultado o 12 maio de 2014. 
  4. Burgo, Pilar G. del (21 de novembro de 2010). "El cómic de una hija con discapacidad". Consultado o 16 de maio de 2014. 
  5. "Durán y Giner Bou repiten como finalistas del Premio Nacional de Cómic". 31 de outubro de 2013. Consultado o 1 de xullo de 2015. 
  6. JIMÉNEZ (@vinetabocadillo), JESÚS (2019-11-12). "'El día 3', de Miguel Ángel Giner Bou y Cristina Durán, Premio Nacional de Cómic 2019". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2020-02-06.