Cristina Otero
![]() Autorretrato de Otero titulado "identidade". | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de novembro de 1995 (29 anos) Pontevedra, ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Fotógrafa |
Sitio web | cristinaotero.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Cristina Otero Pascual, nada o 29 de novembro de 1995 en Pontevedra, é unha artista e fotógrafa galega principalmente coñecida polos seus autorretratos[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É a máis nova dos tres fillos de Noemi Pascual e Luis Otero. Desenvolveu a súa paixón pola fotografía a unha idade moi temperá. Cando tiña 13 anos descubriu o programa de televisión America's Next Top Model e ficou abraiada pola maquillaxe, as poses e o estilismo, polo que decidiu facer as súas propias composicións[2] de xeito autodidacta[3].
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/71/Otera_Spain_Ad.jpg/170px-Otera_Spain_Ad.jpg)
Para tirar as súas fotografías emprega unha cámara Pentax K-5. As máis das veces retrátase a si mesma[4][5]. Fixo a súa primeira exposición individual cando tiña só 15 anos, feito que a converte na artista máis nova en expoñer nunha galería de arte en España[3][6].
A súa obra foi exposta na Kir Royal Gallery de Valencia dende o 15 de outubro de 2011 até o 15 de xaneiro de 2012[7]; e de novo entre o 7 e 10 de xuño de 2012 coa participación de MadridFoto.[8]
Tamén expuxo no Fnac Parquesur de Madrid entre o 1 e o 31 de marzo de 2012, e no Fnac L'illa de Barcelona entre o 25 de xullo e o 10 de setembro dese mesmo ano[9][10]. Outras exposicións tiveron lugar na "Fundación Caixa" en Carlet (Valencia, 2012), no Fnac de Marbella (2013), Ámsterdam (2012), Berlín (2012) e Alxer (2013). Unha das súas fotografías formou parte dunha campaña de publicidade de Renfe entre 2012 e 2013.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Autorretrato titulado "pecadora".
-
Autorretrato titulado "ID".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ astrumpeople.com (ed.). "Cristina Otero Photography: Beautiful Tutti Frutti Self Portraits". Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ Huffington Post (ed.). "Cristina Otero, 16-Year-Old Photographer, Creates Stunning Self-Portraits With Fruit". Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Nita, Catalina. impressivemagazine.com, ed. "Cristina Otero: a Young and Talented Artist". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ Sinuous Mag (ed.). "Creative Pick of the Week: Cristina Otero’s Tutti Frutti Photography Series". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2016. Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ Istvanek, Kala. Toonari Post, ed. "Artist Spotlight: Cristina Otero Interview". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ Mirror Magazine (ed.). "Cristina Otero, MirrorMagazine collaborator, stars in an exhibition at the Fnac Parquesur". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ Kir Royal Gallery (ed.). "Cristina Otero "The other the same: one for itself"". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ Hypatia's Eyes (ed.). "Kir Royal Gallery Presents in Valencia Madridfoto 2012 Three young promises: Cristina Otero, Fernando Bayonne and Julie Schimel". Consultado o 16 de abril de 2016.[Ligazón morta permanente]
- ↑ Fnac (ed.). "Cristina Otero Exhibition in Fnac Parquesur". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 16 de abril de 2016.
- ↑ The Issue Magazine (ed.). "Cristina Otero". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 16 de abril de 2016.