Cristina Ramos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1979 (45 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2006 - |
Lingua | Lingua castelá |
Cristina Ramos Pérez, nada nas Palmas de Gran Canaria, Illas Canarias, o 19 de febreiro de 1979, é unha cantante española de rock e ópera. É coñecida por ser gañadora de Talent Shows de televisión como a sétima tempada de La voz (México) e a primeira edición de Got Talent España. É unha das 5 artistas do Top 5 de America's Got Talent the Champions que se emitiu na NBC e que reuniu aos mellores artistas dos 15 anos de historia do programa nos seus máis de 50 versións no mundo. Foi ademais o botón dourado de David Foster no World's Got Talent de China e entre 2020 e 2021 participa na oitava tempada de Tu cara me suena.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Inicios[editar | editar a fonte]
É licenciada superior en Canto polo Conservatorio Profesional de Música das Palmas de Gran Canaria, cidade onde naceu e reside. Comezou sendo corista habitual desde 2006 até 2015 de artistas da talle de José Vélez e Braulio.
Colaborou habitualmente co Coro da Filarmónica de Gran Canaria nun amplo repertorio de oratorio, zarzuela e ópera onde actúa tamén como solista. Tamén realiza diversos recitais líricos e producións de musicais, e debuta con papeis principais na tempada de Zarzuela das Palmas. Ademais compaxina a súa actividade lírica coa súa faceta como vocalista en diferentes bandas de música latina, funky e pop-rock.
2016: Got Talent España[editar | editar a fonte]
O 27 de abril de 2016 converteuse na gañadora da primeira edición de Got Talent España, de Telecinco.[1]
2018: La voz (México)[editar | editar a fonte]
O 16 de decembro de 2018 gañou tamén a sétima tempada da voz (México) no equipo do cantante mexicano Carlos Rivera. Posteriormente participou na final do concurso World's Got Talent celebrado na China en 2019.[2][3]
Tamén participou nas versións Champions de America's Got Talent e en Britain's Got Talent.
2020: Tu cara me suena[editar | editar a fonte]
O 18 de outubro de 2019 anunciouse que ela sería a sexta concursante da oitava tempada de Tu cara me suena en Antena 3 xunto a outros artistas como Belinda Washington ou Mario Vaquerizo.[4] Debutou no programa o día 10 de xaneiro de 2020.[5] As súas imitacións son:
Gala | Imitación | Puntuación | Posición |
---|---|---|---|
1 | Mónica Naranjo | 21 puntos | 2ª |
2 | Jennifer López | 11 puntos | 7ª |
3 | Donna Summer | 23 puntos | 1ª |
4 | Shakira (Te lo robo - Rocío Madrid) | 20 puntos | 2ª |
5 | Marie Fredriksson (Roxette) | 9 puntos | 8ª |
6 | Demi Lovato | 22 puntos | 2ª |
7 | José Vélez | 11 puntos | 9ª |
8 | Rocío Jurado | 23 puntos | 2ª |
9 | Jessie J | 16 puntos | 5ª |
10 | Melani García | 27 puntos | 5ª |
11 | Paloma Faith | 17 puntos | 4ª |
12 | Whitney Houston e Mariah Carey con Soraya Arnelas | 19 puntos | 3ª |
13 | Diva Plavalaguna (Le Cinquième Élément) | 23 puntos | 2ª |
14 | Shirley Bassey | 24 puntos | 1ª |
15 | Nina | 24 puntos | 1ª |
Semifinal | Céline Dion e Josh Groban con Blas Cantó | 17 puntos | 5ª |
Final | Keala Settle - Lettie Lutz (The Greatest Showman) | N/A | 3ª |
Televisión[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Canle | Notas |
---|---|---|---|
2016 | Got Talent España | Telecinco | Gañadora |
2018 | La voz: México | Televisa | Gañadora |
2019 | America's Got Talent The Champions | NBC | 4ª finalista |
World's Got Talent | Emitido na China | 5ª finalista | |
Britain's Got Talent: The Champions | ITV | Eliminada preliminar 3 | |
2020 - 2021 | Tu cara me suena | Antena 3 | 3ª finalista |
Discografía[editar | editar a fonte]
- Rock Talent Live (2017)
- Rock Talent Live LPA (2020)
- Un Canto de Esperanza (2020)
- Superstar (2021)
Cancións[editar | editar a fonte]
- «Loca: Winter Pride Theme» (2017)
- «We Can't Know» (2018)
- «The Show Must Go On» (2019)
- «Tu nombre» (2019)
- «Even If» (2019)
- «Survivors» (2020)
- «Superstar» (2021)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Vanguardia, ed. (29 de maio de 2019). "Cristina Ramos, la española que deja sin palabras al jurado de ‘World’s Got Talent’" (en castelán).
- ↑ La Vanguardia, ed. (21 de setembro de 2019). "Britain's Got Talent se rinde al talento de la cantante española Cristina Ramos" (en castelán).
- ↑ Diario ABC, ed. (16 de xullo de 2019). "Cristina Ramos, la española que estuvo a punto de ganar la versión mundial de «Got Talent»" (en castelán).
- ↑ "Cristina Ramos, sexta concursante de 'Tu cara me suena 8' tras triunfar en 'Got Talent' y 'La Voz México'" (en castelán). Consultado o 1 de marzo de 2021.
- ↑ Diario ABC, ed. (10 de xaneiro de 2020). "Cristina Ramos, la reina de los concursos de talento: «En “Tu cara me suena” no hay rivalidad»".