Cristina Romera Castillo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 (41/42 anos) Xaén, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Oceanografía |
Ocupación | investigadora, oceanógrafa |
Empregador | Institute of Marine Sciences (en) |
Premios | |
|
Cristina Romera Castillo , nada en Xaén en1982, é unha oceanógrafa española que traballa como científica no Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona (ICM-CSIS) [1] onde estuda as consecuencias ambientais da presenza de plásticos no mar.[2] Todos os seus descubrimentos arroxan luz sobre como os plásticos están alterando os organismos máis abundantes nos océanos. [3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Química pola Universidade de Xaén, traballou durante dous anos nas moléculas antioxidantes que contén a madeira de loureiro. [4] Posteriormente, trasladouse ao Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona (ICM-CSIC) [5] para realizar a súa tese de doutoramento. [6] Estuda o ciclo do carbono no océano vinculando análises químicas e microbiolóxicas . Participou en varias campañas oceanográficas no Pacífico, no Atlántico, no Ártico e no Mediterráneo. [4]
Despois de doutorarse, pasou varios anos viaxando polo mundo como investigadora posdoutoral. [4] Durante os seus anos no estranxeiro, aprendeu máis sobre a materia orgánica que se disolve no océano e nas zonas húmidas, como no Parque Nacional dos Everglades de Florida.[7]
Os seus estudos lévana a preguntarse se o plástico que frota no mar podería engadir máis carbono ao que xa existe no océano e así perturbar o ciclo do carbono . Atopou resultados interesantes que tiveron unha importante repercusión, tanto no ámbito académico como nos medios de comunicación. [4]
Nos últimos anos estudou a liberación de compostos de carbono e as bacterias capaces de biodegradalos.[8]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2017 recibiu o Young Research Award da Universidade de Viena (Austria).
En 2019, recibiu o Premio L'Oreal-UNESCO para a Muller na Ciencia.[9]
En 2020, recibiu o premio Raymond L. Lindeman [10] polo seu traballo sobre o efecto do plástico no crecemento das bacterias mariñas, publicado na revista Nature Communication .[11]
En 2020 gañou o premio Young International Talent da Fundación Internacional L'Oreal-UNESCO [12], sendo a sétima científica española que obtén este galardón desde a súa creación. [13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Investigación Marina para un Planeta Saludable | Institut de Ciències del Mar" (en castelán). Consultado o 2022-05-24.
- ↑ 20minutos (2020-02-04). "Cristina Romera: "Reciclar también deja huella, lo ideal es no generar residuos"" (en castelán). Consultado o 2022-06-25.
- ↑ Orgullosos. "La jiennense Cristina Romera-Castillo gana el premio internacional ASLO por su investigación sobre el plástico en los océanos" (en castelán). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Ecomandanga (2020-05-05). "Otro gran fichaje para EM: Cristina Romera Castillo" (en castelán). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Investigación Marina para un Planeta Saludable | Institut de Ciències del Mar" (en castelán). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Cristina Romera-Castillo, PhD" (en castelán). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ Homestead, Mailing Address: 40001 State Road 9336. "Everglades National Park (U.S. National Park Service)" (en inglés). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Cristina Romera Castillo | Mujeres Científicas". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-17.
- ↑ https://plus.google.com/+UNESCO (2019-02-14). "Le Prix International L’Oréal-UNESCO Pour les Femmes et la Science" (en inglés). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Raymond L. Lindeman Award" (en inglés). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ Romera-Castillo, Cristina; Pinto, Maria; Langer, Teresa M.; Álvarez-Salgado, Xosé Antón (2018-04-12). "Dissolved organic carbon leaching from plastics stimulates microbial activity in the ocean" (en inglés) 9 (1): 1430. ISSN 2041-1723. doi:10.1038/s41467-018-03798-5. Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Lauréates Jeunes Talents Internationaux". Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "“El 99% del plástico marino no se ha contabilizado”" (en castelán). 2020-03-11. Consultado o 2022-05-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mujeres en ciencia e Innovación Arquivado 18 de maio de 2022 en Wayback Machine. páxina web FECYT e UMYC