Cristina del Valle
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1960 (64 anos) Oviedo, España |
Residencia | Madrid |
Actividade | |
Ocupación | cantante, activista |
Período de actividade | 1986 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Warner Music Group |
Compañeiro profesional | Alberto Comesaña: Amistades Peligrosas |
Cristina del Valle, nada en Oviedo o 1 de agosto de 1960, é unha cantante, compositora, activista e feminista asturiana, coñecida tamén polo seu labor altruísta contra a violencia de xénero. Formou parte do dúo español Amistades Peligrosas, co que lanzou 6 álbums de estudio (2.000.000 de copias vendidas) e en solitario 5. Reside en Madrid.[1] En 1998 aceptou a súa condición bisexual.[Cómpre referencia]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos 6 anos, sufriu un abuso sexual. Comezou os seus estudos musicais en Asturias. Empeza profesionalmente na música co grupo Vodevil e máis tarde editou dous discos en solitario co nome artístico de Cris.
En 1980 comezou en Madrid os estudos de Criminoloxía, que non rematou. Desde 1978 traballou en grupos de acción social, ONG (Ayora, Solidarios, Apram etc.) e partidos de esquerdas apoiando organizacións que traballan para loitar a favor dos dereitos humanos ou o pobo saharauí ou contra violencia de xénero.
Como cantante, empezou no grupo Vodevil, pero logo sacou en solitario o disco Cris. Durante os anos 1986-1989, xa baixo o nome artístico Cris, editou dous discos baixo a multinacional WEA, producidos por Carlos Cárcamo. Facía "música enlatada", moi característica dos anos oitenta e cuxos temas, aínda que máis ben insubstanciais (típico da "adolescente namorada"), conseguiron certa repercusión a pesar da pouca promoción que se lle deu. Del Valle non se sentía cómoda co produto pop que lle esixía a súa compañía, polo que decidiu romper a relación.
Tras coñecer a Alberto Comesaña e iniciar con el unha relación sentimental, decidiron formar o grupo musical Amistades Peligrosas, activo entre 1990 e 1998 e que deixou debido aos supostos abusos intrafamiliares perpetrados polo Alberto Comesaña, aínda que se volveron unir en 2003.
É fundadora, e actual presidenta, da Plataforma de Mulleres Artistas contra a Violencia de Xénero, que inicia a súa actividade no ano 1999, co obxectivo de solicitar aos diferentes partidos políticos a promulgación dunha Lei Integral contra a violencia de Xénero, así como levar a cabo unha decidida campaña de sensibilización nos medios de comunicación social.
Tamén colaborou en diversos proxectos musicais como Tatuaje, onde interpretou a canción "María de la O". Tivo unha relación sentimental con José Ángel Hevia.
En 2002 rescatáronse do pasado algúns dos seus éxitos e editouse baixo un recompilatorio do seu dez temas máis exitosos; meses máis tarde reeditáronse os seus dous discos.
No ano 2006 é nomeada embaixadora da ONU dos Obxectivos do Milenio, o que a levou a percorrer o mundo denunciando a desigualdade e violencia que sofren as mulleres.[2]
Cristina seguiu dando concertos por toda España e gran parte do mundo, tanto en solitario como coa Plataforma de Mulleres Artistas Contra a Violencia de Xénero.[3]
En outubro de 2013, foi nomeada Socia de Honra da asociación Defensa Animal Rexión de Murcia - DARMUR, pola súa colaboración contra os malos tratos animais.
En abril de 2009 publicou o seu máis recente disco en solitario, Tiempos Rotos.
Regresou en 2010 con Amistades Peligrosas, da man de Manu Garzón, cun novo material discográfico tituladoEl arte de amar, que inclúe novas versións de "Africanos en Madrid", "Casi nunca bailais" e "Me quedaré solo". O 5 de xullo foi publicado na canle oficial de Avispa Music o videoclip do primeiro sinxelo, Resucítame. No mesmo mes foi publicada a canción "Con los brazos abiertos" como parte da campaña Madrid 2020. En 2014 debutou como blogueira no diario dixital Cambio 16 nunha nova sección titulada Tiempos Rotos. Neste blog coméntanse diversos acontecementos e reflexiónase sobre temas de carácter social, desde a posición da muller na política até a educación infantil respecto de violencia.
Discografía
[editar | editar a fonte]En solitario
[editar | editar a fonte]- Cris (1987)
- Siempre te metes en líos (1989)
- El dios de las pequeñas cosas (1999)
- Apuntes generales del mundo (2001)
- Sinfonía de mujeres: de Norte a Sur (2007, con Marina Rossell e Rim Banna)
- Tiempos Rotos (2009)[4]
- Relatos de una intriga (1991)
- La última tentación (1993)
- La profecía (1995)
- Nueva era (1997)
- Grandes éxitos (1998)
- La larga espera (2003)
- El arte de amar (2013)
Premios
[editar | editar a fonte]Cristina del Valle recibiu diversos premios de diferentes organizacións de mulleres e institucións de toda España persoalmente e como presidenta da Plataforma de Mulleres Artistas.
O 11 de novembro de 2005 en Viso de Alcor (provincia de Sevilla) inaugurouse a rúa Cristina del Valle, en homenaxe á súa loita en defensa dos dereitos da muller.
No ano 2010 foi galardoada co Premio Nicolás Salmerón de Dereitos Humanos na súa categoría de Defensa da Muller.
En agosto de 2010 foi galardoada co I Premio Semente da área de Desenvolvemento Rural e Cultura do Concello de Gordoncillo (provincia de León) polo seu carácter de "semente" e achegar froitos á sociedade a través dos seus múltiples compromisos persoais e iniciativas en defensa dos Dereitos Humanos, fin da violencia machista etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La artista y activista social Cristina del Valle se incorpora a Diario16". Diario16. 25 de febrero de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2017.
- ↑ "Cristina del Valle embajadora de la ONU de los ODM: «Hay gobiernos que dan el cante»".
- ↑ "Cristina del Valle lidera el concierto de la plataforma de mujeres artistas en Belén".
- ↑ "Canciones de las mujeres bravas".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cristina del Valle |