Cruceiro (viaxe)
Un cruceiro é unha viaxe de pracer por mar facendo escala en varios portos para visitalos.[1][2] Tamén é o nome que reciben as embarcacións de pasaxeiros destinadas a estas viaxes recreativas e turísticas. Este termo tamén designa o servizo desta clase de viaxes en barco e a industria que os ofrece e xestiona.
Historia
[editar | editar a fonte]Cando en 1835 apareceu o primeiro anuncio de cruceiro no xornal Shetland Journal[3] para visitar Escocia, Islandia e as Illas Feroe, ninguén presaxiaba un éxito de tal magnitude no século XIX. A primeira compañía a saír ó mercado foi creada en 1837 en Stromness por Arthur Anderson e Brodie Wilcox baixo o nome de Peninsular Steam Navigation Company, máis tarde convertida en P&O Cruises.
Esta iniciativa chamou a atención de grandes investidores e en 1840, Samuel Cunard fundou Cunard Line para facer viaxes transatláticas de Liverpool a Halifax. Unha das grandes xestas da enxeñaría naval e, se cadra, o grande éxito destes anos foi a construción en 1912 do RMS Titanic, afundido na súa viaxe inaugural ó bater cun iceberg.
No século XXI A Coruña e Vigo son paradas habituais no tráfico de cruceiros. No ano 2023 Vigo recibiu 98 buques[4] e A Coruña máis de 130.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cruceiro.
- ↑ "Cruceiro (2)". Portal das Palabras.
- ↑ "Steamboat bill vol.33-34" (en inglés). Steamship Historical Society of America. 1986. pp. p.7.
- ↑ José Teo Andrés (4 de xaneiro de 2024). "Vigo recibirá 14 cruceros menos pero mantiene el nivel de pasaje". Atlántico Diario (en castelán).
- ↑ Lidia Fernández (8 de decembro de 2023). "El puerto de A Coruña pulveriza registros de escalas y cruceristas". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cruceiro |