Cruceiro da Burata
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Cruceiro da Burata | |
---|---|
Presentación | |
Localización | Rianxo |
Dirección | A Burata (Taragoña) |
Tipo | Cruceiro |
O cruceiro da Burata é un cruceiro localizado na aldea da Burata, na parroquia de Taragoña (Rianxo).
Descrición
[editar | editar a fonte]Atópase sobre unha plataforma cuadrangular de dous graos e pedestal cúbico rematado en chafráns e con paramentos recadrados. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns, e paramentos recadrados na base; representado con símbolos da Paixón: Martelo, Tenaces, Escada. O seu capitel é cuadrangular decorado con volutas, follas e querubíns; a súa cruz de sección octogonal con remates florenzados. O Cristo Crucificado coas mans abertas e coroa de espiñas. No reverso, atópase a Virxe Dolorosa sobre peaña de querubín, leva as mans con dedos entrelazados, nimbo de raios arredor da cabeza e espada cravada.
A carón do cruceiro hai un peto de ánimas con representacións do purgatorio.