Saltar ao contido

Cruceiro do Barrio da Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cruceiro da Costa»)


Cruceiro da Costa
Vista do cruceiro
Presentación
LocalizaciónVigo
DirecciónA Costa (Castrelos)
TipoCruceiro
Construción
Data da construción1641

O Cruceiro da Costa é un cruceiro que constitúe unha das manifestacións máis importantes da arte popular da parroquia de Castrelos, Vigo, vinculada á relixiosidade e ás crenzas do pobo. Está situado no lugar da Costa.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Érguense encol de tres chanzos cuadrangulares. A base serve de apoio á columna. Ten forma cúbica cos bordos achafranados. Nas súas caras aparece esta inscrición: hesta obra hizo fr.loren gabriel biela pr de estaei asia de l abito de san an a su deboción ano 1641. A data de 1641 fai que sexa co do atrio de Coruxo, o máis antigo da zona de Vigo, dos que se coñeza a súa construción.

O capitel leva volutas nos ángulos. Na cara oeste presenta a cruz de Malta, da orde de San Xoán á que pertencía o doador. Na parte sur hai cinco cunchas xacobeas. No lado leste aparece o sol, a lúa, estrelas, unha árbore e dous animais. Na cara norte, unha cruz grega e outros animais. No reverso da cruz aparece a Virxe da Piedade, unha figura estilizada da Virxe sostendo a Cristo coa man sobre a cintura. Debaixo da escena hai un anxo querubín.

As procesións que saen da igrexa de Santa María de Castrelos pasan por diante e detéñense neste lugar. Ata hai algúns anos tamén paraban os enterros e aquí rezábanse unhas oracións; pero agora como os cadáveres se trasladan en coche, este costume xa se perdeu.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]