Cruceiro do Barrio da Costa
Cruceiro da Costa | |
---|---|
Vista do cruceiro | |
Presentación | |
Localización | Vigo |
Dirección | A Costa (Castrelos) |
Tipo | Cruceiro |
Construción | |
Data da construción | 1641 |
O Cruceiro da Costa é un cruceiro que constitúe unha das manifestacións máis importantes da arte popular da parroquia de Castrelos, Vigo, vinculada á relixiosidade e ás crenzas do pobo. Está situado no lugar da Costa.
Descrición
[editar | editar a fonte]Érguense encol de tres chanzos cuadrangulares. A base serve de apoio á columna. Ten forma cúbica cos bordos achafranados. Nas súas caras aparece esta inscrición: hesta obra hizo fr.loren gabriel biela pr de estaei asia de l abito de san an a su deboción ano 1641. A data de 1641 fai que sexa co do atrio de Coruxo, o máis antigo da zona de Vigo, dos que se coñeza a súa construción.
O capitel leva volutas nos ángulos. Na cara oeste presenta a cruz de Malta, da orde de San Xoán á que pertencía o doador. Na parte sur hai cinco cunchas xacobeas. No lado leste aparece o sol, a lúa, estrelas, unha árbore e dous animais. Na cara norte, unha cruz grega e outros animais. No reverso da cruz aparece a Virxe da Piedade, unha figura estilizada da Virxe sostendo a Cristo coa man sobre a cintura. Debaixo da escena hai un anxo querubín.
As procesións que saen da igrexa de Santa María de Castrelos pasan por diante e detéñense neste lugar. Ata hai algúns anos tamén paraban os enterros e aquí rezábanse unhas oracións; pero agora como os cadáveres se trasladan en coche, este costume xa se perdeu.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Detalles das partes do cruceiro.
-
Detalle da base.
-
Capitel.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cruceiro do Barrio da Costa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Espinosa Rodríguez, José (1949). Tierra de Fragoso (Notas para la historia de Vigo y su comarca). pp. 56 e ss. Vigo (en castelán).
- Rodríguez Puentes, Eugenio; Abad Gallego, Juan Carlos (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no concello de Vigo. Concellería de Cultura. pp. 17–18. ISBN 84-505-9318-2.