Saltar ao contido

Cruceiro de Campos de Pazos


Cruceiro de Campos de Pazos
Presentación
LocalizaciónRianxo
DirecciónCampos de Pazos (Taragoña)
TipoCruceiro

O cruceiro de Campos de Pazos localízase na praza de Campos de Pazos (Taragoña, Rianxo).

Características

[editar | editar a fonte]

O cruceiro ten plataforma e pedestal cuadrangulares, fuste tamén cuadrangular, con chafráns, capitel cuadrangular co ábaco de lados curvos e vértices chafranados, volutas, follas de acanto, querubíns e orlas vexetais. Carece de Crucifixo e Cristo, unicamente ten imaxe da Piedade sobre o capitel.