Saltar ao contido

Cuadrilla de Campezo-Montaña Arabesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCuadrilla de Campezo-Montaña Arabesa
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°42′N 2°30′O / 42.7, -2.5
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaÁraba Editar o valor en Wikidata

A Montaña Arabesa, ou Cuadrilla de Campezo-Montaña Alavesa (en éuscaro: Kanpezuko-Arabako Mendialdea Koadrila) é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco.

A comarca da Montaña Arabesa sitúase ao sueste de Áraba, cunha superficie de 534,87 km² e unha poboación de 3.179 habitantes (2010). Inclúe os municipios de Arraia-Maeztu, Bernedo, Kanpezu, Lagran, Peñacerrada e Valle de Arana, así como as terras comunais da Parzonería de Encía e da Comunidade de Laño, Pipaón e Peñacerrada. Aglutina un total de 47 localidades. É unha comarca montañosa e moi pouco poboada.

O 35,7% da poboación laboral traballa na agricultura. O 32% dedícase á actividade industrial. Os servizos, grazas a unha actividade turística en alza, experimenta un importante desenvolvemento.

Concellos

[editar | editar a fonte]
Concello Extensión
(km²)
Poboación (2010)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Arraia-Maeztu 123,11 708 5,75
Bernedo 130,44 575 4,41
Campezo / Kanpezu 85,02 1.126 13,24
Harana / Valle de Arana 39,12 296 7,57
Lagrán 45,62 178 3,9
Peñacerrada-Urizaharra 57,06 296 5,19
Parzonería de Encía (*) 49,37
Comunidade de Laño, Pipaón e Peñacerrada (*) 5,13
534,87 3.179 5,94

(*) Non son concellos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]