Cultura Gallega
Cultura Gallega | |
---|---|
País | Cuba |
Lugar | A Habana |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1936 |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cultura Gallega foi unha revista cultural bilingüe que se publicou na Habana do 5 de abril de 1936 a marzo de 1940.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O seu director foi Adolfo Víctor Calveiro, o propietario Eladio Vázquez Ferro e o administrador Jesús Iglesias Surribas. Nun principio mantiña unha clara posición republicana: defendía o Estatuto de autonomía, afirmaba os valores diferenciais de Galicia, introducía discursos dos deputados galegos no Parlamento, criticaba a conduta dos militares que se alzaron contra o Goberno legal. Co tempo e debido á progresiva decadencia por motivos económicos esta posición mudou. Interviñeron na súa axuda Diario de la Marina, de carácter conservador, e outros mecenas que inventaron uns bonos de apoio. A súa impresión pasou a ser de peor calidade, comezou a reducir a presenza da lingua galega e a incluír progresivamente máis contidos referidos á hispanidade, que exaltaban o Día da Raza e que desembocaron en 1939 na realización dun retrato de Francisco Franco.
Salienta a publicación dun número extraordinario dedicado a Rosalía de Castro en marzo de 1937 con motivo do seu centenario e en abril de 1938 apareceu un número monográfico dedicado a Manuel Curros Enríquez.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cultura Gallega". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Cultura Gallega". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Cultura Gallega no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.