Saltar ao contido

Cultural Deportiva Beluso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beluso
NomeCultural Deportiva Beluso
EstadioAs Laxes
Beluso (Bueu)
PresidenteGalicia Antonio Castro "Toñín"
AdestradorGalicia Rafa Villaverde
LigaPreferente – Grupo 2
2023/24
Na rede
Twitter: cdbeluso Instagram: cdbeluso1975 Editar o valor en Wikidata
Titular
Bufanda e pósters do equipo na cantina do campo.

A Cultural Deportiva Beluso é un club de fútbol galego da parroquia de Beluso (Bueu). Fundouse en 1975, e compite no Grupo 2 da Preferente Galicia. O seu terreo de xogo é o campo das Laxes.

En 1985 ascendeu por primeira vez á Segunda Rexional, onde se mentivo 6 tempadas antes de dar o salto a Primeira Rexional na 1990-91, na que sería a primeira época dourada do Beluso. Nos anos 90 era unha canteira forte en Galicia, chegando algún dos seus xogadores a Segunda e Segunda B. Na 1995-96 descendeu a Segunda Rexional, e non volveu á maior categoría da provincia ata as tempadas 2005-06 e 2006-07.

No ano 2009-10 tocou chan en terceira rexional pero a partir de aí unha serie de ascensos en poucos anos levárono á súa maior época dourada co ascenso a Preferente Galicia na 2017-18. Sendo un equipo humilde foise consolidando na categoría, chegando incluso a loitar polo playoff a Terceira División. Na 2022-23 descendeu por arrastres, pero conseguiu ascender de novo na seguinte campaña, cun equipo totalmente renovado.

Mantén unha forte rivalidade co Rápido Bahía, co que ao longo dos anos disputou derbis moi igualados tanto en categoría absoluta como nas inferiores. Fai pouco o Beluso acadou unha vitoria histórica no derbi contra o Bahía por 8-1.

  • Uniforme titular: Camiseta azul celeste, pantalón branco e medias azuis celestes.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
2014/15 1ª Autonómica
2015/16 1ª Autonómica 14º
2016/17 1ª Autonómica
2017/18 Preferente
2018/19 Preferente
2019/20 Preferente 14º
2020/21 Preferente
2021/22 Preferente /
2022/23 Preferente 16º
2023/24 1ª Galicia
2024/25 Preferente

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]