Saltar ao contido

Curro Rivelott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCurro Rivelott
Nome orixinalFrancisco de Asís Rivelott Reguera
Biografía
Nacemento13 de decembro de 1999 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Xerez da Fronteira, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista

Francisco de Asís Rivelott Reguera, coñecido como Curro Rivelott ou simplemente Curro, nado en Xerez da Fronteira o 13 de decembro de 1999, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Arenteiro, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Xerez Deportivo FC,[1] case dende a propia fundación do club, e debutou co primeiro equipo na Terceira Andaluza con só 14 anos. Durante os seguintes anos combinou o equipo xuvenil co primeiro equipo, logrando varios ascensos. Rematada a súa etapa xuvenil subiu definitivamente ao conxunto principal, saíndo cedido na súa primeira tempada á UD Roteña, antes de afastarse durante un ano do fútbol por asuntos persoais.[1] Regresou ao club en agosto de 2020 e logrou esa mesma tempada o ascenso á Segunda División RFEF, proclamándose campión de Terceira por diante do propio Xerez.[2] Durante a tempada 2021/22 disputou 32 partidos co club azul, 31 deles como titular.

En xullo de 2022 anunciouse a súa marcha do Xerez DFC e uns días despois fichou polo Arenteiro, da mesma categoría.[3][4][5] Foi titular en case tódolos partidos da histórica tempada do club galego, que acabou proclamándose campión da categoría e ascendendo á Primeira División RFEF, gañando ademais a Copa Federación.[6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Xerez Deportivo
Arenteiro
  1. 1,0 1,1 Revaliente, Ángel (22 de agosto de 2020). "Curro, la "perla" de la cantera del Xerez DFC está de vuelta" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  2. Del Mar Cortezón, Julia (17 de xullo de 2021). "El Xerez DFC sale del infierno". Marca (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  3. "El Xerez DFC y Curro Rivelott separan sus caminos" (en castelán). 1 de xullo de 2022. Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  4. "Curro Rivelott explica su salida del Xerez DFC y el club responde" (en castelán). 9 de xullo de 2022. Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  5. "El Arenteiro suma uno más". Faro de Vigo (en castelán). 13 de xullo de 2023. Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  6. "Ascenso histórico del Arenteiro" (en castelán). 16 de abril de 2023. Consultado o 9 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]