Curro Sánchez
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1996 (29 anos) La Palma del Condado, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 36 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Francisco José Sánchez Rodríguez, máis coñecido como Curro ou Curro Sánchez, nado en La Palma del Condado (Huelva) o 3 de xaneiro de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Burgos, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista na canteira do Sevilla FC, no que ingresou en 2007, con 11 anos. Na tempada 2012/13 debutou co Sevilla Atlético na Segunda División B.[1]
O 2 de decembro de 2015 debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, saíndo de titular nunha vitoria por 0-3 ante a UD Logroñés. Catro meses e medio despois xogou o seu primeiro partido na Primeira División, substituíndo a José Antonio Reyes na segunda metade dun empate 1-1 na casa ante o Deportivo da Coruña.[2]
O 16 de xullo de 2019 fichou polo Numancia, de Segunda.[3] Marcou 13 ao longo da campaña, pero non puido evitar o descenso do equipo a Segunda B. En setembro de 2020 asinou un contrato por un ano coa Ponferradina. O 10 de xullo seguinte, aceptou un contrato de tres anos co Almería, co que logrou o ascenso a Primeira.[4]
O 1 de setembro de 2022 rescindiu o seu contrato e dous días despois asinou co Burgos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "CURRO SÁNCHEZ TOMÓ LA ALTERNATIVA: "ES UN SUEÑO HECHO REALIDAD"" (en castelán). 3 de decembro de 2015. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Oriol cierra la Feria del Sevilla" (en castelán). 17 de abril de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Curro Sánchez, el séptimo fichaje del CD Numancia" (en castelán). 16 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Curro Sánchez: bags of experience with fancy footwork" (en inglés). 10 de xullo de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Curro Sánchez, un jugón de primera para el Burgos CF" (en castelán). 3 de setembro de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2025.