Cursiva
A cursiva é unha forma de escritura manual na que trazos e liñas unen as distintas letras, de forma que estas aparecen pegadas unhas ás outras. Tamén se chama do mesmo xeito ás fontes de imprenta, algo inclinadas cara á dereita, que imitan á escritura manual.
Uso
[editar | editar a fonte]A cursiva foi creada para a axilidade na escritura. Nas linguas que usan o alfabeto latino e o alfabeto cirílico as letras das palabras adoitan estar unidas entre si, o que permite escribir a palabra enteira cun só trazo.[1]
As tipografías cursivas adoitan ser bastante diferentes das estampas ("maiúsculas"), xa sexan manuscritas ou tipografía. En cursiva hebrea e cursiva romana, as letras non adoitan estar conectadas.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]Adoita confundirse coa variante das fontes en escritura itálica, e nalgúns casos son sinónimos. Están aceptados os termos cursiva e itálica (tamén letra cursiva e letra itálica), pero rexéitase o termo "bastardiña", decalco do castelán.[2] Moitas fontes tipográficas, especialmente nas súas versións para ordenador, teñen a variante en lingua inglesa script (imitando a letra manuscrita).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo 'cursiva' deriva do latín cursivu, primeiramente das maiúsculas romanas cursivas ('capitalis cursiva').[3]
Exemplos
[editar | editar a fonte]Exemplos de textos en tipos romano e itálico verdadeiro:
O mesmo exemplo en cursiva.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cursiva |
- ↑ José Gonçalves. "Estampación con tipos" (PDF).
- ↑ "bUSCatermos; cursiva, itálica". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-23.
- ↑ "A origem do alfabeto cursivo - Ciberdúvidas da Língua Portuguesa". ciberduvidas.iscte-iul.pt. Consultado o 2022-07-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Wikipedia:Libro de estilo (véxase apartado Cursivas)
- Escritura itálica
- Tipografía
- Unicode
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |