Cyanocorax yucatanicus
Cyanocorax yucatanicus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adulto en México. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Cyanocorax yucatanicus (Dubois, 1875) | |||||||||||||||||||||
Área de distribución de Cyanocorax yucatanicus
|
Cyanocorax yucatanicus é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das 17 comprendidas no xénero Cyanocorax.[2][3][4]
É unha especie case endémica da península do Iucatán, pero tamén habita en Belize, Guatemala (El Petén) e no sur de México (estados de Quintana Roo, Campeche, Iucatán e Tabasco).
O seu hábitat natural son os bosques secos subtropicais e tropicais, e os bosques antigos degradados.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1875 polo ornitólogo belga Alphonse Joseph Charles Dubois, baixo o nome de Cissilopha yucatanica.[5]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñceuse tamén polo sinónimo:[5]
- Cissilopha yucatanica (protónimo)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na especie recoñecense dúas subespecies:[2][5]
- Cyanocorax yucatanicus rivularis (Brodkorb, 1940)
- Cyanocorax yucatanicus yucatanicus (A. J. C. Dubois, 1875)
Características
[editar | editar a fonte]Cyanocorax yucatanicus mide aproximadamente 30 cm de lonxitude. Os adultos teñen a plumaxe negra na maior parte do corpo, coas ás, o dorso e a cola de cor azul cerúlea; os peteiros son negros. Os aneis oculares e as patas son de cor amarela. Os xuvenís do Iucatán teñen as partes espidas completamente amarelas e a plumaxe corporal branca en lugar de negra. Mudan a plumaxe branca en setembro ou outubro, pero conservan o bico amarelo e o anel dos ollos durante uns meses máis. Tamén teñen as rectrices coa punta pálida, das que carecen os adultos.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Atópase principalmente na península de Iucatán, que comprende a parte norte de Belize e o departamento de El Petén do norte de Guatemala e os estados mexicanos de Iucatán, Quintana Roo e Campeche. Tamén está presente en partes dos estados veciños de Chiapas e Tabasco.[1]
Os seus hábitats naturais son bosques secos tropicais e subtropicais, antigos bosques moi degradados e plantacións, encontrándose até os 250 m de altitude.[6]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerdo que Cyanocorax yucatanicus é unha especie común na maior parte da súa área de distribución, que é unha especie adaptábel e pénsase que a poboación vai aumentando a medida que a roza dos bosques está creando novas áreas de hábitat axeitado, e que non se identificaron ameazas particulares cualifica o seu status como LC (pouco preocupante).[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
En Quintana Roo
-
En Belize
-
Comendo no chan
-
Inmaturo
-
Inmaturos en México
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2020): Cyanocorax yucatanicus na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultgada o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Cyanocorax yucatanicus (Dubois, 1875) no GBIF. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ Cyanocorax yucatanicus (Dubois, 1875) no ITIS. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018): "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List Version 8.1. International Ornithologists' Union. Consultada o 21 de febreiro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Cyanocorax yucatanicus (A. J. C. Dubois, 1875) no BioLib. Consultado o 21 de febreiro de 2022.
- ↑ Van Perlo, Ber (2006): Birds of Mexico and Central America. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2070-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cyanocorax yucatanicus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cyanocorax yucatanicus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bird, J .P., Martin, R., Akçakaya, H. R., Gilroy, J., Burfield, I. J., Garnett, S. G., Symes, A., Taylor, J., Şekercioğlu, Ç. H. and Butchart, S. H. M. (2020): "Generation lengths of the world’s birds and their implications for extinction risk". Conservation Biology 34 (5): 1252-1261.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yucatan Jay videos on the Internet Bird Collection
- Yucatan Jay photo gallery VIREO
- Photo-Medium Res Arquivado 07 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.; Article Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. mangoverde Photo no. 2 of 5 Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Photo; Article world.std.com&ndaslh;"Mexican Birds: Villahermosa and Palenque" Photo-2