Dámaso Arcediano Monescillo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1984 ![]() Puertollano, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | deportista, árbitro de fútbol ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Dámaso Arcediano Monescillo, nado en Puertollano o 20 de setembro de 1984, é un árbitro de fútbol español que milita na Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de catro anos arbitrando na Segunda División B, en 2011 conseguiu o ascenso a Segunda. Durante a seguinte década e media acumulou partidos na categoría de prata e nas campañas 2022/23 e 2023/24 foi galardoado co Premio Guruceta do xornal Marca ao mellor árbitro de Segunda.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arcediano Monescillo recibe el premio ‘Guruceta’ de Marca por segundo año seguido" (en castelán). 3 de xuño de 2024. Consultado o 10 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do árbitro en BDFutbol (en castelán).