Década de -180
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -II | |||||
| |||||
|
189 a.C.
- Artigo principal: -189.
- O tribuno da plebe, Quinto Terencio Culeo, promulga unha lei que concede dereitos políticos sen límite aos fillos dos libertos.
- Os romanos toman a cidade de Ambracia, no mar Adriático, e vencen a Liga Etolia, aliados de Antíoco III, rei de Seleucia.
188 a.C.
- Artigo principal: -188.
- Paz de Apamea - Acordo entre Roma, vencedora sobre Antíoco III, rei de Seleucia; este debe pagar unha forte indemnización e aceptar limitacións.
187 a.C.
- Artigo principal: -187.
Oriente Próximo
- Antíoco III Megas, rei de Seleucia, emprende unha campaña en territorios de Susa, para resarcirse das imposición romanas na paz de Apamea (-188). Durante o saqueo do templo de Bel, en Ecbatana, perde a vida nun tumulto da poboación.
- Sobe ao trono do reino seléucida Seleuco IV Filopátor, sucedendo a Antíoco III (até -175).
186 a.C.
- Artigo principal: -186.
Asia
- Primeiros enterramentos no xacemento arqueolóxico da necrópole de Mawangdui, durante a dinastía dos Han Occidentais da China.
Europa
- En Roma iníciase a represión da bacanais, a instancias do Senado, que o considera un culto perigoso.
- Hispania: Os romanos derrotan tropas lusitanas preto de Hasta.
185 a.C.
- Artigo principal: -185.
República Romana
- O xeneral romano Escipión o Africano e o seu irmán Lucio son acusados por Catón e os seus seguidores de recibir subornos do defunto rei seléucida Antíoco III. Escipión desafíou aos seus acusadores, e lembrou aos romanos a súa débeda con el, retirándose a súa vila en Campania. Porén, Catón tivo éxito quitando influencia aos dous irmáns na política romana.
Exipto
- A guerra civil entre as áreas norte e sur do Antigo Exipto rematan co arresto de Ankhmakis polo xeneral tolemaico Conanus.
India
- Pushyamitra Shunga asasina ao emperador Brhadrata, o que significa o fin da dinastía Maurya e a fundación da dinastía Shunga.
184 a.C.
- Artigo principal: -184.
- Comezo do reinado de Farnaces I, rei do Ponto (até -157).
- En Roma, consulado de Publio Claudio Pulquer e L. Porcio Licino;
- Marco Porcio Catón e Lucio Valerio Flaco: censores.
183 a.C.
- Artigo principal: -183.
- En Roma, consulado de Quinto Fabio Labeón e M. Claudio Marcelo.
- Fundación das colonias romanas de Saturnia en Etruria e de Mutina en Emilia.
182 a.C.
- Artigo principal: -182.
- Hispania: Fulvio Flaco toma a cidade edetana de Urbicua.
181 a.C.
- Artigo principal: -181.
- Celébrase unha célebre batalla entre os romanos e os carpetanos na actual Talavera de la Reina, España, rexistrada por Tito Livio.
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
180 a.C.
- Artigo principal: -180.
- Tiberio Sempronio Graco é nomeado pretor da provincia Hispania Citerior.
- Prusias II convértese en rei de Bitinia.
Arte e cultura
- Erguemento do Altar de Zeus en Pérgamo, Asia Menor, obra de estilo helenístico (data aproximada).
- O filósofo grego Carnéades funda a Academia Nova.