Década de -450
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -V | |||||
| |||||
|
459 a.C.
- Artigo principal: -459.
- O rei sículo Ducetio conquista a cidade de Morgantia.
- Pleistóanax, da dinastía Axíada, convértese en rei de Esparta.
458 a.C.
- Artigo principal: -458.
- Guerra de Corinto: a polis de Exina alíase con Esparta.
- Cincinato nomeado ditador de Roma para defendela contra os ecuos.
Arte e cultura
- Represéntase a triloxía dramática "A Orestíada" (Agamenón, As Coéforas, As Euménides) do autor grego Esquilo.
457 a.C.
- Artigo principal: -457.
- Batalla de Tanagra, os espartanos, os corintios e a Liga Beocia vencen aos atenienses e aos arxivos.
- Dous meses despois da batalla de Tanagra, na batalla de Enófita os atenienses vences aos tebanos e disolven a Liga Beocia.
- A illa de Exina é obrigada a integrarse na Liga de Delos, sendo os seus habitantes enviados ao desterro en Laconia, de onde non han regresar ata despois da guerra do Peloponeso.
456 a.C.
- Artigo principal: -456.
- os atenienses conquistan Exina.
- Atenas apodérase de Naupacto, onde acollerán os refuxiados da terceira guerra de Mesenia.
455 a.C.
- Artigo principal: -455.
454 a.C.
- Artigo principal: -454.
- Esparta con axuda de varias polis, logra dominar a rebelión dos hilotas (á que se sumaran periecos) iniciada en -464.
453 a.C.
- Artigo principal: -453.
452 a.C.
- Artigo principal: -452.
- Siracusa e Agrigento, colonias gregas da Magna Grecia, decláranlle a guerra aos sículos do rei Ducetio.
451 a.C.
- Artigo principal: -451.
- Aprobación da Lei das XII Táboas.
450 a.C.
- Artigo principal: -450.
- Inicio aproximado do período de La Tène ou segunda idade de ferro europea, no que hoxe é Suíza. A culura de La Tène, aparece ligada aos celtas.
Arte e cultura
- Inícianse as obras do templo de orde dórica do Partenón, na Acrópole de Atenas (até -430)..
- Os arquitectos Peonios e Demetrio, terminan o Artimisión, templo consagrado á deusa Artemisa, en Éfeso.