Década de -480
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -V | |||||
| |||||
|
489 a.C.
- Artigo principal: -489.
- Milcíades conduce unha expedición contra Paros, na que fracasa e é ferido. En Atenas é acusado de traizón. Pouco despois falece.
488 a.C.
- Artigo principal: -488.
487 a.C.
- Artigo principal: -487.
- Expedición ateniense contra a súa rival, a illa de Exina.
- Primeira vez que se aplica o ostracismo en Atenas.
486 a.C.
- Artigo principal: -486.
- Xerxes I accede ao trono persa (até -465), sucedendo a seu pai Darío I.
- Rebelión en Exipto contra os persas, ao coñecerse o falecemento de Darío I, duramente reprimida polo seu sucesor.
485 a.C.
- Artigo principal: -485.
Arte e cultura
- Edificio coñecido como Tesouro dos Atenienses, en Delfos.
484 a.C.
- Artigo principal: -484.
483 a.C.
- Artigo principal: -483.
482 a.C.
- Artigo principal: -482.
- O político ateniense Arístides é enviado ao exilio despois dun proceso de ostracismo.
- En Roma son cónsules Quinto Fabio Vibulano e Caio Xulio Xulo, ambos por segunda vez.
481 a.C.
- Artigo principal: -481.
- Iníciase na China o período dos Reinos Guerreiros (até -221).
480 a.C.
- Artigo principal: -480.
Mediterráneo Oriental
- O xa persa Xerxes I, saíndo de Sardes, en Asia Menor, invade Grecia continental desde o Norte do país.
- Agosto - Batalla das Termópilas: o exército persa forza o paso cara ao sur heleno, aniquilando o exército espartano, que resiste o tempo preciso para preparar a resistencia dos seus compatriotas.
- Xerxes entra en Atenas, que é incendiada.
- 29 de setembro - Batalla de Salamina: a frota ateniense, conducida por Euribíades, derrota á frota persa en augas próximas a Atenas.
Mediterráneo Central
- Batalla de Himera - Xelón de Siracusa derrota os cartaxineses.
Arte e cultura
- Dama de Elche, considerada unha das obras cimeiras da escultura ibérica (data aproximada).
- Templo de Zeus Olímpico (Olimpeion) en Agrigento.