Década de -560
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -VI | |||||
| |||||
|
569 a.C.
- Artigo principal: -569.
- Batalla de Irasa: o faraón exipcio, Apries, é derrotado polos gregos da colonia norteafricana de Cirene, que aquel tentaba anexionar.
568 a.C.
- Artigo principal: -568.
- Logo da derrota exipcia ante Cirene do ano anterior, os soldados exipcios descontentos co seu faraón, Apries, proclamaron a seu xefe, Amasis, soberano.
- Batalla de Momenfis: Apries é derrotado e Amasis accede ao trono de Exipto (até -525), que perdoou a vida de Apries e o asociou ao trono.
567 a.C.
- Artigo principal: -567.
- Fracaso da expedición de Nabucodonosor II contra Exipto. O faraón Amasis rexeita a invasión coa axuda de mercenarios gregos de Xonia.
566 a.C.
- Artigo principal: -566.
- Reorganización das Panateneas, que eran as festas que se celebraban en Atenas na honra da deusa Atenea. Tiñan lugar cada catro anos e introdúcense competicións atléticas.
565 a.C.
- Artigo principal: -565.
- Os gregos de Focea fundan a colonia de Alalia (a actual Aléria, en Córsega).
- Vitoria de Pisístrato, político ateniense da familia dos eupátridas, parente de Solón sobre Mégara.
- O faraón Amasis apodérase de Chipre.
- Redáctase A Telegonia, poema de Eugamón de Cirene, escrita para o rei Bato II de Cirene. Conta a continuación das aventuras de Ulises despois d'A Odisea.
- Comezo da construción do templo de Apolo en Siracusa.
564 a.C.
- Artigo principal: -564.
- Sobe ao trono de Tiro, Fenicia, o rei Yakinbaal II só ese ano, sucedendo a Baal II. Yakinbaal é sucedido por Chelbes (até -563).
563 a.C.
- Artigo principal: -563.
562 a.C.
- Artigo principal: -562.
- Awil-Marduk accede ao trono de Babilonia (até -560).
561 a.C.
- Artigo principal: -561.
- Primeira tiranía de Pisístrato en Atenas que logo de apoderarse da Acrópole, coa axuda do pobo, proclámase tirano de Atenas. Os xefes do partido aristocrático marchan da cidade. Solón abandona a vida política.
- Atenas coloniza o Quersoneso tracio.
- Milcíades o Vello (ateniense) convértese en tirano do Quersoneso tracio (finais de -556).
- Principio do reinado de Creso, rei de Lidia (fin en -547), que se apodera de Anatolia. É fabulosamente rico grazas ás areas auríferas do río Pactolo. Somete as cidades gregas de Xonia (sobre -560).
560 a.C.
- Artigo principal: -560.
Oriente Próximo
- O rei da Lidia, Creso, somete as polis de Xonia en Anatolia.
- Awil-Marduk, rei de Babilonia, é deposto polo seu cuñado, o xeneral Neriglisar, que se autoproclama novo monarca (até -556).
África
- Arcesilao II sobe ao poder en Cirene (até -550), sucedendo ao seu pai Bato II.
Europa
- Datación máis antiga do castro de Pena Rubia (Orbazai, Lugo) pertecente á civilización castrexa.