Década de 1290
Aparencia
Segundo milenio | |||||
Século XIII | |||||
| |||||
|
1290
- Artigo principal: 1290.
Europa
- 18 de xullo - Eduardo I de Inglaterra expulsa os xudeus da Inglaterra. Refúxianse no Languedoc, Navarra e Castela.
- 10 de xullo - Inicia o seu reinado André III de Hungría (até 1301).
- Ladislau IV de Hungría, vencido polos cumanos e os tártaros, é asasinado polos seus baróns. Non tendo herdeiro directo, a anarquía feudal instálase de novo.
- 1 de agosto - Data tradicional da creación do Principado de Valaquia (até o ano seguinte). Negru Voda, o Príncipe Negro, fuxira do seu ducado de Făgăraş (País de Olt), atribuído polo rei André II de Hungría a un nobre húngaro, Ugrinos, para se refuxiar alén dos Cárpatos, na actual Valaquia.
- 26 de setembro - Morre aos seis anos Margarida I de Escocia, cando se dirixía de Bergen (Noruega) a Escocia.
- John Balliol fai valer as súas pretensións ao trono de Escocia contra Robert Bruce.
- Eduardo I de Inglaterra é consultado para xulgar as reivindicacións dos trece pretendentes. El mesmo o reclamará para si máis tarde.
- 18 de decembro - Comeza o reinado de Birger Magnusson (1280 - 1321), rei de Suecia (até 1318).
- Os cabaleiros teutóns logran a submisión dos campesiños dos países bálticos.
- A illa de Gotland pasa á coroa de Suecia (até 1408).
- Tolkai convértese en Khan da Horda de Ouro (até 1312), levado ao poder por Nogai.
Oriente Próximo
- Osmán I faise con Yenişehir, preto de Brousse (Eskhisehir).
- Venecia e o rei de Aragón envían socorro a Acre, onde chega unha tropa indisciplinada de toscanos e lombardos. O masacre dos mercadores musulmáns fornece o pretexto para que o sultán de Exipto interveña decisivamente.
- Novembro - Iníciase o reinado de Malik Achraf Khalil, sultán mameluco de Exipto (até 1293).
Asia
- O turco iranizado Khaldji Firuz Chah faise co sultanato de Delhi baixo o nome de Djahal ad-Din Khaldji (Khiji). Funda a dinastía dos Khaldjî (até 1320). Debe, en primeiro lugar, enfrontarse á oposición dos ilbaridas que teñen feito incursións contra os rajahs hindús. Vitorioso, trátaos con magnanimidade.
1291
- Artigo principal: 1291.
- 18 de maio - Destrución do Reino de Xerusalén, logo da caída de Acre.
1292
- Artigo principal: 1292.
Asia
- O reino de Lanna , sito no Norte de Tailandia, conquista e anexiona o reino Mon de Haripunchai.
Europa
- O rei Sancho IV de Castela toma Tarifa aos mouros.
- O galego D. Paio Gómez Chariño, señor de Rianxo, é nomeado Adiantado maior de Galiza.
1293
- Artigo principal: 1293.
1294
- Artigo principal: 1294.
1295
- Artigo principal: 1295.
Asia
- Abdicación de Jayavarman VIII. Comeza o reinado de Indravarman III, rei de Camboxa (até 1307).
- Edicto ordenando aos mongois e aos chineses o culto a Confucio.
- Inicio do reinado de Arghun Ghazan, khan de Persia (até 1304).
Europa
Península Ibérica
- 25 de abril: Principia o reinado de Fernando IV de Castela (até 1310).
- Rexencia de María de Molina, na Coroa de Castela, durante a minoría de idade de Fernando IV (até 1301).
- 20 de xuño: Paz de Anagni, entre Francia e a Coroa de Aragón : Xaime II de Aragón obtén Córsega e Sardeña, pero renuncia a Sicilia e a Menorca.
1296
- Artigo principal: 1296.
Asia
- Os khmer recoñecen a soberanía da dinastía mongol da China.
Europa
- 24 de febreiro - O papa Bonifacio VIII dá a luz a bula "Clericis laicos" que prohibe a laicos e poderes públicos cobrar ningunha carga ou imposto sobre o clero, so pena de excomuñón, dirixida ao rei francés Filipe IV o Fermoso, que tentaba conseguir ingresos extraordinarios para sufragar os gastos da guerra contra Inglaterra.
- 30 de marzo - Eduardo I de Inglaterra asalta Berwick-upon-Tweed, destruíndo a cidade fronteiriza escocesa. Mata a maioría dos residentes, incluíndo a aqueles que se refuxiaran nas igrexas. Suceso que dá comezo á Primeira Guerra de Independencia de Escocia.
- 22 de abril - Xaime II de Aragón conquista a cidade de Alacant, desposuíndo dela aos casteláns.
- 27 de abril - Batalla de Dunbar: Os escoceses son derrotados por Eduardo I de Inglaterra.
- Galiza - Á morte de Sancho IV, Galiza e máis León quedan baixo o infante Juan de la Cerda.
1297
- Artigo principal: 1297.
- 11 de setembro: Batalla da ponte de Stirling: Os escoceses liderados por William Wallace e Andrew de Moray derrotan ós ingleses.
1298
- Artigo principal: 1298.
- 22 de xullo : Batalla de Falkirk: Eduardo I de Inglaterra derrota a William Wallace, retomando o control de Escocia
- Mentres está na cadea, en Xénova, Marco Polo comeza a ditar a narración das súas viaxes
- Iníciase a construción do campanile de Giotto, o campanario de Santa Maria del Fiore, a catedral de Florencia
- 8 de agosto - Galicia: o rei Fernando IV de Castela cede o señorío da vila de Muros á catedral de Santiago de Compostela.
1299
- Artigo principal: 1299.
- Batalla do cabo Orlando - A frota da Coroa de Aragón, ao mando de Roger de Lauria, vence á escuadra siciliana do rei Frederico II.