Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Aparencia
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 70/474/Add.2 de 2015, decidiu proclamar o 11 de febreiro de cada ano Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.[1][2]
A ciencia e a igualdade de xénero son vitais para realizar os Obxectivos de Desnvolvemento Sostible, incluídos na Axenda 2030. Nos últimos 15 anos, a comunidade internacional fixo un gran esforzo inspirando e promovendo a participación das mulleres e as nenas na ciencia. Desafortunadamente, elas seguen enfrontándose a barreiras que lles impiden participar plenamente nesta disciplina. De acordo cun estudo realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudantes rematen unha licenciatura, unha mestría e un doutoramento nalgunha materia relacionada coa ciencia é do 18%, 8% e 2%, respectivamente, mentres que a probabilidade para os estudantes masculinos é do 37%, 18% e 6%.
Antecedentes
[editar | editar a fonte]- O 14 de marzo de 2011 a Comisión da Condición Xurídica e Social da Muller aprobou o informe no seu 55º período de sesións, coas conclusións sobre o acceso e a participación da muller e a nena na educación, a capacitación e a ciencia e a tecnoloxía.[3]
- O 20 de decembro de 2013, a Asemblea Xeral aprobou a resolución relativa á ciencia, a tecnoloxía e a innovación para o desenvolvemento, na que recoñeceu que o acceso e a participación plenos e en condicións de igualdade na ciencia, a tecnoloxía e a innovación para as mulleres e as nenas de todas as idades eran imprescindibles para lograr a igualdade entre os xéneros e a potenciación da muller e a nena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Resolución 70/474/Add.2
- ↑ «Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia».
- ↑ "Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia, 11 de febreiro". www.un.org (en castelán). Consultado o 2017-02-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Mulleres na ciencia
- Unha enxeñeira ou científica en cada cole
- Historia das mulleres na enxeñaría
- Mulleres nas matemáticas
- Mulleres na informática
- Mulleres na Física
- Rosa Sensat
- Núria Solsona
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Oficial do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
- Mensaxe da Dra. Xeral da UNESCO con motivo da xornada en 2017
- Celebremos o 11 de febreiroTribuna publicada en Gciencia
- Os saberes científicos das mulleres no currículo Arquivado 01 de abril de 2016 en Wayback Machine.. Nuria Solsona
- Programa en Nós Televisión que entrevista a Elena Vázquez Cendón
- Entrevista de Mila Alonso a Elena Vázquez Cendón en Gciencia
- Mulleres sabias da terra, setestrelo no Portal das Palabras