Dúas Igrexas, Forcarei
Aparencia
Dúas Igrexas | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Forcarei[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°36′10″N 8°20′33″O / 42.6027534, -8.3424116 |
Poboación | 297[2] hab. (2019) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Dúas Igrexas é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei. Segundo o IGE en 2009 tiña 382 habitantes (214 mulleres e 168 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 461 habitantes.
Topónimo
[editar | editar a fonte]Nesta parroquia houbo dúas igrexas moi próximas e de igual categoría, unha consagrada a San Vicente e outra a Santa María[3].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa María de Dúas Igrexas é de orixe románica. A ábsida construíuse en 1742 e cubriuse con bóveda de crucería. O corpo da igrexa, a torre e a portada realizáronse en 1822. No interior conserva unha pía bautismal románica da antiga igrexa de San Vicente.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Dúas Igrexas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Dúas Igrexas no concello de Forcarei (Pontevedra) | |
---|---|
Córneas | Espindo | Loureiro | Quintelas | As Rabadeiras | Valiñas |
Parroquias de Forcarei
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ INE.(2019). Nomenclátor: Población del Padrón Continuo por Unidad Poblacional. Madrid:Instituto Nacional de Estadística. Recuperado de: www.ine.es.
- ↑ "Orgullo pola toponimia en Forcarei". Carta Xeométrica. 18/10/2017. Consultado o 19/10/2017.