Dark Matter Particle Explorer
Dark Matter Particle Explorer / DAMPE / Wukong | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Contratistas principais | Academia de Ciencias da China |
Data de lanzamento | 17 de decembro de 2015[1][2][3] |
Foguete portador | CZ-2D[2][4] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observatorio espacial de altas enerxías.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2015-078A |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6869 km[1] |
Inclinación | 97,4°[1] |
Apoapse | 507,3 km[1] |
Periapse | 489,3 km[1] |
Dark Matter Particle Explorer ou DAMPE, tamén coñecido como Wukong, é un observatorio espacial da China lanzado o 17 de decembro de 2015 a bordo dun foguete CZ-2D desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[1][2][4][5][6][7]
Características
[editar | editar a fonte]DAMPE é un observatorio espacial operado pola Academia de Ciencias da China adicado á detección de partículas enerxéticas como raios gamma, electróns de alta enerxía e raios cósmicos. O obxectivo do observatorio é buscar e estudar partículas de materia escura mediante observación de partículas de alta enerxía, estudar a orixe dos raios cósmicos e analizar o mecanismo de aceleración dos raios cósmicos.[1][2][4][5][6][7]
O observartorio foi inxectado nunha órbita heliosincrónica cunha altitude de 500 km e unha inclinación de 97,4 graos. Ten unha masa de preto de 1900 kg e leva a bordo catro experimentos:[1][2][4][5][6][7]
- Un hodoscopio formado por un conxunto de láminas de plástico de centelleo.
- Un seguidor de silicio-tungsteno para determinar a dirección dos raios gamma.
- Un calorímetro de bismuto e óxito de xermanio para medir a enerxía das partículas incidentes.
- Un detector de neutróns.
O rango de enerxías detectables por DAMPE van dos 5 GeV a 10 TeV para electróns e de 100 GeV a 100 TeV para raios cósmicos.[1][2][4][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "DAMPE" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "DAMPE" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 31 January 2017 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (17-01771 (E)). 22 de marzo de 2017: 23. Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "DAMPE (Wukong)" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "DAMPE" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 ESA, ed. (24 de xuño de 2016). "DAMPE (Dark Matter Particle Explorer) - nicknamed Wukong" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 NASA, ed. (24 de setembro de 2020). "DAMPE" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023.