Dicionario biográfico de Galicia
Dicionario biográfico de Galicia | |
---|---|
Título orixinal | Dicionario biográfico de Galicia |
Autor/a | Editor: Bieito Ledo Cabido |
Orixe | Galicia. |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Consulta. |
Editorial | Ir Indo Edicións, 36210 Vigo |
Data de pub. | novembro de 2010 |
Formato | 210 x 300 mm, cartoné |
Páxinas | 1.046 (I: 368 + II: 334 + III: 344) |
ISBN | I: ISBN 978-84-7680-665-4[1] II: ISBN 978-84-7680-685-2 III: ISBN 978-84-7680-686-9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Wikipedia:Entradas do Dicionario biográfico de Galicia.
Con máis de 4.100 biografías de galegos de tódolos tempos, o dicionario defínese coma unha ferramenta de consulta para facer máis doado o traballo a escolares e profesionais no emprego do galego.
IR INDO Tomo 1 Abad Docampo Dicionario biográfico de Galicia |
IR INDO Tomo 2 Docobo Moreiras Dicionario biográfico de Galicia |
IR INDO Tomo 3 Moreiras Zumalave Dicionario biográfico de Galicia |
O texto presentase a dúas columnas e leva pequenas fotografías, sempre en branco e negro. Agrúpase en tres tomos, cada un deles cun índice alfabético ao final, incluíndo preto de cincocentas entradas de mulleres:
- Tomo I, publicado en 2010, 1.168 entradas: de Abad Abad, Manuel a Docampo Reguengo, Miguel
- Tomo II, publicado en 2011, 1.444 entradas: de Docobo Durántez, José Ángel a Moreiras Collazo, Eduardo
- Tomo III, publicado en 2011, 1.503+24 entradas: de Moreiras Montero, Juan Miguel a Zumalave Caneda, Maximino
Nas páxinas 322-333 do Tomo III inclúese un anexo do Tomo I, con 24 entradas, que comeza con Abad Vidal, Xosé e remata con Díaz García, Juán Ramón.
Crítica
[editar | editar a fonte]Na obra non aparecen os reis de Galicia, nin outros persoeiros relevantes como Aurelio Aguirre, Álvaro Cunqueiro, Luís Amado Carballo, Gonzalo López Abente, Marcial Valladares ou Fermín Penzol e si persoeiros que non teñen relación con Galicia como o tirano Polícrates de Samos, o poeta Simónides (de Samos) ou o pintor francés Léon Bonnat, nado na Baiona francesa.
As entradas aparecen ordenadas segundo o nome completo e non polo máis coñecido. Por exemplo, non se atopa sa entradas "Castelao", "Reixa, Antón", "Risco, Vicente" ou "Ana Kiro" senón "Rodríguez Castelao, Afonso Daniel Manuel", "Rodríguez Reixa, Antón", "Martínez-Risco Agüero, Vicente" e "María Dolores Casanova González". En ocasións non se respecta a orde alfabética (p. ex. en Martínez Salazar, Andrés, p. 279). Así mesmo, os nomes de pía aparecen galeguizados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Base de datos de libros editados en España
- ↑ A obra recibiu axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, nos anos 2009 e 2010.