DJ Son1c
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de decembro de 1984 (40 anos) Xenebra, Suíza |
Actividade | |
Ocupación | disc-jóckey |
Felipe Tarrío García, máis coñecido coma DJ Son1c, nado en Xenebra (Suíza)[1] o 1 de decembro de 1984, é un DJ e locutor de radio coruñés, famoso por publicar o primeiro tema de música dance en galego, "A festa non vai parar". Ademais de ser un referente na comunidade de Galicia, non só pola súa gran traxectoria, senón por ser o único DJ en Galicia que aposta pola música dance en galego dende o ano 2007.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa carreira como DJ empezou no ano 2002 traballando en varios locais da súa cidade. E sendo residente de salas emblemáticas galegas como: Albatros (Gandarío, A Coruña), Bambina (Sta. Cristina, A Coruña), Tattoo (A Estrada, Pontevedra), O Barranco (Touro, A Coruña), Maty (Pontecesures, Pontevedra), Slava (Cee, A Coruña)... Tamén actuou como DJ invitado en practicamente todas as salas galegas, e incluso de fóra de Galicia.
Estivo presente en varios dos mellores festivais como podemos lembrar: O Son da muralla (Salvaterra de Miño, Pontevedra), Moguda dance festival (Millennium, Cataluña), Holi beach festival (Vinaròz, Castellón), Calahorra festival (A Rioxa), The montesound festival (Pontevedra). Festival de Benicarlò (Castellón), Electronic festival (Valjunquera, Teruel)...
Compartiu escenario cos mellores artistas da escena musical de talle mundial... Sash, Cascada, Kate Ryan, Italobrothers, Gabry Ponte, Dj Lhasa, Sak Noel, Juan Magan, DJ Nano, DJ Marta, Soundlovers, Ana Mena, Dani Moreno, Danny Romero, Marian Dacal, Jose de Rico, Victor Magan, Dj Neil ou Henry Mendez, entre outros...
Na súa faceta como locutor de radio puidemos escoitalo en radios tan importantes como; Loca FM, Onda Local, Radio Líder, Radio Salnés e Fórmula Hit.
Foi DJ Residente de salas emblemáticas coma: Tattoo (A Estrada, Pontevedra), Slava (Cee, A Coruña), Chanteclair (Pontecesures, Pontevedra) entre outras.
Actualmente é residente da Impacto, unha das empresas de espectáculos máis importantes da comunidade galega.
Singles
[editar | editar a fonte]- "Fall in love" (2007)
- "A festa non vai parar" (2007)
- "Sin mirar atrás" (2008)
- "Sen ti" (2010)
- "Galicia está de festa" (2011)[2]
- "La vida es una fiesta" (2013)
- "Fiesta en cabina" (2014)
- "Móveo" (2016)
- "Festa rachada" (2019) [3]
- "Soa o ding dong" (2019)
- "Noches muy locas" (2020)
- "A meiga da verbena" (2020)
- "Hoy es tu gran día" (2021)
- "A illa da vida" (2021)
- "La isla prohibida" (2021)
- "Tarantella" (2022)
- "Noite de meigas" (2022)
- "Dalle Ghas" (2023)
- "Danza de arcos" (2023)
- "Voume De Festa" (2024)
- "A Forza De Hércules (Forza Depor)" (2024)
- "Ven A Bailar" (2024)
- "Camariñas" (2024)
- "Na Beira Do Mar" (2024)
Remixes
[editar | editar a fonte]- "Potra Salvaje" de Isabel Aaiún (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2024)
- "No Se Ve" de Emilia e Ludmilla (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2024)
- "Si No Estás" de Iñigo Quintero (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2023)
- "Terra" de Tanxugueiras (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2022)
- "El incomprendido" de Farruko (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2021)
- "Pepas" de Farruko (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2021)
- "What is love (Avec moi)" Remix fusionando dúas cancións dos 90 ("What Is Love" Haddaway e "Voulez Vous Coucher Avec Moi" Daddy K) (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2020)
- "Fantasías" de Rauw Alejandro e Farruko - (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2020)
- "Tusa" de Karol G, Nicki Minaj - (Remix feito por DJ Son1c xunto a Andy Grape) (2020)
- "Pousa pousa" de A Roda (Remix feito por DJ Son1c) (2018)
- "A rianxeira" (Remix feito por DJ Son1c) (2017)
- "Lo malo" de Aitana e Ana Guerra (Remix feito por DJ Son1c xunto a Jack Mazzoni) (2018)
- "Reggeton Lento" de CNCO (Remix feito por DJ Son1c xunto a Jack Mazzoni) (2017)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Hai unha crise da noite» Arquivado 16 de setembro de 2008 en Wayback Machine., entrevista de Nacho Mirás Fole en La Voz de Galicia, 25 de agosto de 2008.
- ↑ "Galicia está de festa", videoclip en YouTube.
- ↑ "Festa Rachada", videoclip en YouTube (Consultado o 27 de Maio do 2019).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de DJ Son1c Arquivado 28 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.
- Instagram DJ Son1c
- Facebook DJ Son1c
- Spotify DJ Son1c
- YouTube DJ Son1c
- "A festa non vai parar' representará a España no Eurovisión da música dance" Vieiros, agosto de 2008.
- "Forcarei baila al ritmo de Dj Son1c", La Voz de Galicia, 17 de xuño de 2008.
- "O tema en galego 'A festa non vai parar' soa en toda Europa" El Correo Gallego, 2008.
- "A festa segue sen parar" Vieiros, febreiro de 2009.
- "Sen Ti" Vieiros, xullo de 2010.