DODGE
DODGE | |
---|---|
DODGE | |
Tipo | Experimental / observación terrestre. |
Organización | NASA/Departamento de Defensa dos Estados Unidos |
Contratistas principais | Laboratorio de Física Aplicada da Universidade Johns Hopkins |
Destino actual | Retirado. |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 1 de xullo de 1967[1][2][3] |
Foguete portador | Titan IIIC[2][3][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2] |
Obxectivo da misión | Uso do gradente gravitatorio para o control de actitude e observación terrestre.[2] |
NSSDC ID | 1967-066F |
Masa | 102 kg[2][5] |
Dimensións | Octógono de 2,41 m de longo e 1,22 m de diámetro, cunha pirámide truncada nun dos extremos e un mastro cilíndrico de 25,4 cm de diámetro saíndo do outro extremo unha lonxitude de 1,57 m.[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 39.841,6 km[1] |
Inclinación | 8,2 graos[1] |
Apoapse | 33.662,5 km[1] |
Periapse | 33.278,8 km[1] |
DODGE (acrónimo de Department of Defense Gravity Experiment) é un satélite artificial colaboración da NASA e o Departamento de Defensa dos Estados Unidos lanzado o 1 de xullo de 1967 mediante un foguete Titan IIIC desde Cabo Cañaveral.[2]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de DODGE consistiu en probar novas técnicas de estabilización de satélites mediante gradente gravitatorio en órbitas próximas á xeoestacionaria. A maiores, levou a cabo medicións do campo magnético terrestre e fotografou a Terra en branco e negro e en cor.[2]
A forma do satélite era octogonal, con 2,41 m de longo e 1,22 m de diámetro, cunha pirámide truncada nun dos extremos e un mastro cilíndrico de 25,4 cm de diámetro saíndo do outro extremo unha lonxitude de 1,57 m.[2]
A bordo do satélite había dez protuberencias con mastros retráctiles que podían alongarse ou recollerse nos tres eixos a unha distancia de ata 45,75 m. O extremo cilíndrico albergaba un mastro que podía alongarse ata 4,6 m, dous mastros de ata 15,25 m que se estendían no plano x-y e un magnetómetro triaxial. Os restantes sete mastros ían dentro do corpo principal do satélite xunto co sistema de televisión encargado de tomar fotos.[2]
O satélite funcionou durante tres anos e tomou miles de imaxes da Terra. A principios de 1971 problemas coas baterías limitaron o funcionamento aos períodos nos que o satélite estaba iluminado polo Sol. Pouco despois foi apagado e deixado fóra de servizo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "DODGE 1" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (4 de novembro de 2011). "DODGE" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Letter dated 16 November 1967 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (67-27617): 2. 22 de novembro de 1967. A/AC.105/INF.178. Consultado o 13 de xaneiro de 2012.
- ↑ Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DODGE" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2012.
- ↑ Mark Wade (2011). "DODGE" (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2012.