Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación | |
---|---|
Acrónimo | DRIA, DRIL e DRIL |
Tipo | organización armada |
Ideoloxía | oposición ao franquismo |
Data de fundación | 1959 |
Data de disolución | 1964 |
Fundador(es) | Camilo Mortágua e Henrique Galvão |
País | España e Portugal |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL) foi unha organización armada formada en 1959 por exiliados españois, sobre todo galegos, e portugueses para loitar contra as ditaduras salazarista e franquista.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O DRIL tiña dous secretarios xerais: Humberto Delgado e Xosé Velo e entre os seus membros destacaron Henrique Galvão e José Fernando Fernández Vázquez (Xosé de Soutomaior). As primeiras accións armadas realizounas en febreiro de 1960 contra a casa do concello de Madrid e os locais da FET de las JONS, tamén en Madrid, acción na que morre o membro do DRIL José Ramón Pérez Jurado. En xuño de 1960 o DRIL atentou contra as estacións do tren de Barcelona, Donostia e Bilbao e contra o aeroporto de Madrid. Como consecuencia do atentado de Donostia, onde estivo implicado o vigués Guillermo Santoro, morreu unha nena de 22 meses[1].
A acción máis coñecida do DRIL foi a Operação Dulcineia, consistente no secuestro do Santa Maria (buque portugués que facía a liña Caracas-Lisboa-Vigo), entre o 22 de xaneiro e o 4 de febreiro de 1961. Nela un comando composto por 24 membros do DRIL, coordenados por Henrique Galvão e Humberto Delgado, secuestrou o buque, no que viaxaban 586 pasaxeiros. A pretensión era denunciar a situación que se vivía en Portugal e España. Na decurso do secuestro morreu un oficial do Santa María. Tras conversas co goberno brasileiro, os membros do DRIL depuxeron as armas e conduciron o navío cara a Recife a cambio de recibir o status de refuxiados políticos. Este feito foi narrado no documental Santa Liberdade (2004), de Margarita Ledo Andión, que recupera a memoria do secuestro do buque Santa Maria[2], e na peza teatral Mar revolto, de Roberto Vidal Bolaño, estreada en 2001 con dirección de José Martins e escenografía e atrezzo de Marcelino de Santiago "Kukas"[3].
Tras o secuestro o DRIL entrou en crise interna polas liortas internas sobre quen liderara a operación e sobre todo por outro problema máis de fondo entre os que concibían ao DRIL como un grupo que realizase grandes golpes de efecto e outro que o concibían nunha estratexia de insurrección armada contra o franquismo e o salazarismo, malia iso o DRIL continuou realizando accións esporádicas ata 1964.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aizpeolea, Luis R. (23 de xuño de 2020). "Fin de la polémica: el DRIL mató a la niña Begoña Urroz". El País (en castelán).
- ↑ "Santa Liberdade. NÓS Produtora Cinematográfica Galega". www.noscinema.gal. Consultado o 2021-04-25.
- ↑ "Mar revolto". Roberto Vidal Bolaño.