DS-MO
Aparencia
DS-MO foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado ó desenvolvemento de sistemas aerodinámicos para a estabilización e orientación de naves espaciais, así como a facer experimentos con equipamento óptico militar.[1][2]
Os satélites DS-MO foron tamén coñecidos como "frechas espaciais" debido ó seu estabilizador aerodinámico. Foron as primeiras naves espaciais en usar un control de actitude aerodinámico e as únicas naves da serie DS en contar cun control de actitude dalgún tipo. En total lanzáronse dous satélites da serie DS-MO: o Kosmos 149, o 21 de marzo de 1967, e o Kosmos 320, o 16 de xaneiro de 1970. Ámbolos dous satélites foron lanzados con éxito.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
21 de marzo de 1967 | Kapustin Yar | Kosmos 149 | Éxito | Primeiro voo dun DS-MO. |
16 de xaneiro de 1970 | Kapustin Yar | Kosmos 320 | Éxito | Último voo dun DS-MO. |