Federación Deportiva de Estudantes de Delft
Federación Deportiva de Estudantes de Delft | |
---|---|
Tipo | sen etiquetar |
Sede | Delft |
País | Países Baixos |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Federación Deportiva de Estudantes de Delft (en neerlandés: Delftse Studenten Sport Federatie - DSSF-) é o consello de estudantes pertencente á Universidade de Tecnoloxía de Delft, nos Países Baixos, que se encarga da xestión do club deportivo desta universidade. A súa sede está situada no centro deportivo e cultural da TU Delft.[1][2] Do mesmo xeito que os consellos deportivos estudantís doutras moitas universidades dos Países Baixos, o DSSF está afiliado á federación nacional Studentensport Nederland.
Cada ano, a DSSF envía os seus equipos para participar, entre outras competicións, no Gran Campionato de Estudantes dos Países Baixos (Groot Nederlands Studenten Kampioenschap -GNSK-), que en 2008 se orgazizou na cidade de Delft, e no Batavierenrace (unha carreira de remudas de 185 quilómetros que ten lugar anualmente en abril, entre as universidades de Nimega e de Twente, en Enschede, que atravesa territorio alemán).[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición da DSSF[Ligazón morta] na Unionpedia. (En neerlandés)
- ↑ A DSSF Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine. no directorio de asociacións da Universidade de Tecnoloxía de Delft. (En neerlandés)
- ↑ Información no sitio web da GNSK. (En nerrlandés)
- ↑ Información no sitio web de Batavierenrace. (En neerlandés)