A Universidade de Tecnoloxía de Delft (en neerlandés: Technische Universiteit Delft), coñecida internacionalmente como TU Delft, é un dos centros de ensino superior máis importantes dos Países Baixos e unha das universidadestecnolóxicas con máis prestixio de Europa e do mundo.
Fundouse na cidade de Delft, na Holanda Meridional, o 8 de xaneiro de 1842 co nome de Academia Real (Koninklijke Akademie), que despois cambiaría polo de Alta Escola Tecnolóxica (Technische Hogeschool) e finalmente, en 1986, polo de universidade.[3]
Foi catalogada por Times Higher Education como a número 15 do mundo en enxeñaría e tecnoloxía da información (mellor da Unión Europea) e número 83 do mundo.[4][5]
Conta con oito facultades, a maior parte delas situadas ao sueste do concello de Delft, onde forman un campus, conxuntamente con empresas de investigación e laboratorios.[6]
Enxeñaría mecánica, naval e dos materiais (Werktuigbouwkunde, Maritieme Techniek & Technische Materiaalwetenschappen -3mE-). O seu edificio recibiu en 2011 a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[7]
Enxeñaría civil e Xeoloxía (Civiele Techniek en Geowetenschappen -CiTG-), coas seguintes seccións:
Transportes e urbanismo.
Construción.
Xeotecnoloxía.
Xestión da auga.
Hidráulica e marítima.
Edificio da facultade de Enxeñaría eléctrica, Matemáticas e Informática (EWI)Enxeñaría eléctrica, Matemáticas e Informática (Elektrotechniek, Wiskunde en Informatica -EWI-).
Enxeñaría en deseño industrial (Industrieel Ontwerpen -IO-).
Enxeñaría aeronáutica e aeroespacial (Luchtvaart en Ruimtevaarttechniek -LR-).
A investigación desenvólvese nestes sete institutos principais, aos que se suman outros centros máis específicos en cada área. Os sete institutos da TU Delft son os seguintes:[8]
TU Delft Climate Institute.
TU Delft Process Technology Institute.
TU Delft Robotics Institute.
TU Delft Transport Institute.
TU Delft Safety & Security Institute DSys.
TU Delft Space Institute.
TU Delft Sports Engineering Institute.
TU Delft Wind Energy Institute (DUWIND).
TU Delft Institute for Computational Science and Engineering.