Saltar ao contido

Dai Zhen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDai Zhen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1724 Editar o valor en Wikidata
Xiuning, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1777 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Shujishi
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónConfucianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, matemático Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteQingdai Xuezhe Xiangzhuan (en) Traducir
Obálky knih,
Seven Hundred Eminent People of the Qing Dynasty (en) Traducir, (p.1608-1610) Editar o valor en Wikidata

Dai Zhen (chinés tradicional e simplificado: 戴震, pinyin: Dài Zhèn; Wade-Giles: Tai4 Chen4), nado en Anhui o 19 de xaneiro de 1724 e finado en Beijing o 1 de xullo de 1777, foi un destacado estudoso chinés da dinastía Qing.[1] Dai foi un estudoso versátil, que fixo grandes contribucións ás matemáticas, á xeografía, á fonoloxía e á filosofía.[2] Editou o Siku quanshu 四庫全書 ("A biblioteca completa dos Catro Tesouros"), unha enciclopedia oficial.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dai Zhen naceu no 1724 nunha familia pobre, polo que tivo que formarse de maneira autodidacta.[1] Logrou aprobar os exames oficiais de funcionario, pero nunca obtivo un rango importante.[1]

Porén, a súa capacidade académica foi recoñecida polo erudito Jiang Yong (1681-1762), que o aceptou como discípulo.[2]

Grazas á súa sona como erudito, polo que o emperador o nomeou compilador no 1773; dous anos despois, o monarca concediulle o posto de jinshi na Academia Imperial por decreto especial.[1]

Dai Zhen foi unha figura relevante no eido da filoloxía, aplicando novas metodoloxías ao estudo da lingua.[2] Tamén destacou polos seus estudos de matemáticas, do calendario, e das linguas antigas.[2] Coma outros estudosos da época, interesouse na corrección do neoconfucianismo, xa que estaba convencido de que o traballo de pensadores coma Zhu Xi (1130-1200) estaba demasiado influenciado polas correntes daoístas e budistas.[2]

No campo da ética, defendeu a idea de que os valores morais estaban plenamente integrados na vida cotiá, xa que non son de principios abstractos e transcendentes, senón realidades inmanentes á existencia humana.[3] Así mesmo, ensalzou a compaixón ou shu como fundamento da acción moral.[2]

Tamén fixo aportacións en metafísica, a través da súa reformulación do concepto cosmolóxico de li 理 ("patrón, razón").[2][3]

Influencia

[editar | editar a fonte]

Entre os seus contemporáneos, Dai Zhen foi moi recoñecido como matemático e fonólogo, mais non tanto como pensador.[2] Porén, filósofos coma Hong Bang (1745-1779) ou Zhang Xuecheng (1738-1801) alabaron as súas aportacións nos campos da metafísica e a ética.[2]

Nos séculos XIX e XX, a súa obra influenciou a reformistas da cultura chinesa como Zhang Taiyan (1868-1936) ou Liang Qichao (1868-1936), que ensalzaron a súa defensa dos oprimidos ante os abusos de poder.[2] A súa visión inmanentista de principios coma o li e os valores morais interesaron aos autores marxistas, xa que o vían como un precursor do materialismo na China dinástica.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Dai Zhen - Chinese Neo-Confucianism, Enlightenment Philosophy & Ethics - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-01-15. Consultado o 2024-01-19. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Dai Zhen - Internet Encyclopedia of Philosophy" (en inglés). Consultado o 2024-01-19. 
  3. 3,0 3,1 Ng, On-cho (2019). Zalta, Edward N., ed. Qing Philosophy (Summer 2019 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]