Dalton Trevisan
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Dalton Jérson Trevisan 14 de xuño de 1925 Curitiba, Brasil |
Morte | 9 de decembro de 2024 (99 anos) Curitiba, Brasil |
Educación | Universidade Federal do Paraná |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, Escrita creativa e profesional e conto |
Ocupación | escritor, avogado, escritor de contos |
Premios | |
| |
Dalton Jérson Trevisan, nado en Curitiba o 14 de xuño de 1925 e finado na mesma cidade o 9 de decembro de 2024,[1] foi un escritor brasileiro, famoso polos seus libros de contos, especialmente O Vampiro de Curitiba (1965), e pola súa natureza reservada.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Trevisan traballou durante a súa xuventude na fábrica de vidros da súa familia e chegou a exercer a avogacía durante 7 anos, despois de se licenciar na Facultade de Dereito do Paraná (actual UFPR). Cando era estudante de Dereito, Trevisan acostumaba lanzar os seus contos en modestos folletos. Liderou o grupo literario que publicou, entre 1946 e 1948, a revista Joaquim. O nome, segundo el, era "unha homenaxe a todos os Joaquins do Brasil". A publicación tornouse voceira dunha xeración de escritores,[3] críticos e poetas. Reunía ensaios asinados por Antonio Cândido, Mário de Andrade e Otto Maria Carpeaux e poemas até entón inéditos, como "O Caso do Vestido", de Carlos Drummond de Andrade. A revista tamén traía traducións de Joyce, Proust, Kafka, Sartre e Gide e era ilustrada por artistas como Poty, Di Cavalcanti e Heitor dos Praceres. A publicación, que circulou até decembro de 1948, contiña o material dos seus primeiros libros de ficción, incluíndo Sonata ao Luar (1945) e Sete Anos de Pastor (1948) —dúas obras das que renegou o autor—. En 1954 publicou o Guia Histórico de Curitiba, Crônicas da Província de Curitiba, O Dia de Marcos e Os Domingos ou Ao Armazém do Lucas, edicións populares á maneira dos folletos de feira.
Inspirado nos habitantes da cidade, creou personaxes e situacións de significado universal, en que as tramas psicolóxicas e os costumes son recriados por medio dunha linguaxe concisa e popular, que valoriza os incidentes do cotián sufrido e angustiante. Publicou tamén Novelas Nada Exemplares (1959) e gañou o Premio Jabuti da Cámara Brasileira do Libro. Como era de esperar, non asistiu, enviou un representante para recibilo. Morte na Praça (1964), Cemiterio de Elefantes (1964) e O Vampiro de Curitiba (1965). Illado dos medios intelectuais e concorrendo so pseudônimo, Trevisan conquistou o primeiro lugar do I Concurso Nacional de Contos do Estado do Paraná, en 1968. Escribiu despois A Guerra Conjugal (1969), posteriormente transformada nun premiado filme, dirixido por Joaquim Pedro de Andrade, Crimes da Paixão (1978) e Lincha Tarado (1980). En 1994 publicou Ah, é?, obra prima do estilo minimalista. A súa única novela publicada é A Polaquinha.[4]
Foi recoñecido como un importante contista da literatura brasileira por gran parte dos críticos do país. Non obstante, era remiso a entrevistas e exposicións en órganos de comunicación social, creando unha atmosfera de misterio en torno do seu nome. Por ese motivo recibiu o alcume de "Vampiro de Curitiba", nome dun dos seus libros. Asina só "D. Trevis" e non recibe a visita de estraños.[5]
Foi elixido por unanimidade vencedor do Premio Camões de 2012, ano en que tamén recibiu o Premio Machado de Assis, da Academia Brasileira de Letras, polo conxunto da súa obra.[6][7]
Obras publicadas
[editar | editar a fonte]- Novelas nada Exemplares (1959)[8]
- Cemitério de Elefantes (1964)
- Morte na Praça (1964)
- O Vampiro de Curitiba (1965)
- Desastres do Amor (1968)
- Mistérios de Curitiba (1968)
- A Guerra Conjugal (1969)
- O Rei da Terra (1972)
- O Pássaro de Cinco Asas (1974)
- A Faca No Coração (1975)
- Abismo de Rosas (1976)
- A Trombeta do Anjo Vingador (1977)
- Crimes de Paixão (1978)
- Primeiro Livro de Contos (1979)
- Vinte Contos Menores (1979)
- Virgem Louca, Loucos Beijos (1979)
- Lincha Tarado (1980)
- Chorinho Brejeiro (1981)
- Essas Malditas Mulheres (1982)
- Meu Querido Assassino (1983)
- Contos Eróticos (livro) (1984)
- A Polaquinha (1985)
- Noites de Amor em Granada
- Pão e Sangue (1988)
- Em Busca de Curitiba Perdida (1992)
- Dinorá - Novos Mistérios (1994)
- Ah, É? (1994)
- 234 (1997)
- Vozes do Retrato - Quinze Histórias de Mentiras e Verdades (1998)
- Quem tem medo de vampiro? (1998)
- 111 Ais (2000)
- Pico na veia (2002)
- 99 Corruíras Nanicas (2002)
- O Grande Deflorador (2002)
- Capitu Sou Eu (2003)
- Arara Bêbada (2004)
- Gente Em Conflito (con Antônio de Alcântara Machado) (2004)
- Macho não ganha flor (2006)
- O Maníaco do Olho Verde (2008)
- Uma Vela Para Dario (talvez 2008)
- Violetas e Pavões (2009)
- Desgracida (2010)
- O Anão e a Ninfeta (2011)
- O beijo na nuca (2014)
Renegados polo autor
[editar | editar a fonte]Primeiros libros publicados, dos que o autor renegou. Editores descoñecidos.
- Sonata ao Luar (1945)
- Sete Anos de Pastor (1948)
No exterior
[editar | editar a fonte]- De koning der aarde (O Rei da Terra) - tradución de August Willemsen - Amsterdam (1975)
- The Vampire of Curitiba and Others Stories - tradución de Gregory Rabassa, Alfred A. Knopf - Nova York (1972)
- De vijfvleugelige vogel (O Pássaro de Cinco Asas) - trad. August Willemsen - Amsterdam (1977)
En español
[editar | editar a fonte]- Novelas nada ejemplares - tradución de Juan García Gayo, Monte Ávila Editores - Caracas (1970)
- La guerra conyugal - tradución de Juan García Gayo, Monte Ávila Editores - Caracas (1972)
- El vampiro de Curitiba - tradución de Haydée M. J. Barroso, Sudamericana - Buenos Aires (1976)
- Cementerio de elefantes - Editorial Norma - Colombia (1993)
- La trompeta del ángel vengador - Editorial Mardulce - Buenos Aires (2013)
Contos en antoloxías alemás (1967 e 1968), arxentinas (1972 e 1978), americanas (1976 e 1977), polacas (1976 e 1977), sueca (1963), venezolana (1969), danesa (1972) e portuguesa (1972).
Premios
[editar | editar a fonte]- Prémio Jabuti de Literatura (1960, 1965, 1995 e 2011)
- Prémio da Associação Paulista dos Críticos de Arte (1976)
- Prêmio Portugal Telecom de Literatura (2003)
- Prêmio Literário da Fundação Biblioteca Nacional (2008, 2015)
- Prêmio Camões (2012)
- Prêmio Machado de Assis (2012)
- Prêmio do Negrinho (2013)
Filme
[editar | editar a fonte]Guerra Conjugal (1974), historias e diálogos do autor, guión e dirección de Joaquim Pedro de Andrade.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dalton Trevisan, um dos maiores contistas do Brasil, morre aos 99 anos em Curitiba". G1 (en portugués). 2024-12-10. Consultado o 2024-12-10.
- ↑ "Dalton Jérson Trevisan". Recanto das Letras (en portugués). Consultado o 2020-04-11.
- ↑ Maydeu, Javier Aparicio (2017-07-31). "Estampas de la condición humana". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-11.
- ↑ "Dalton Trevisan". educacao.uol.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-11.
- ↑ "Dalton Trevisan - Escritores - Site do Escritor". www.sitedoescritor.com.br (en portugués). Consultado o 2020-04-11.
- ↑ "Dalton Trevisan distinguido com o Prémio Camões - Cultura - PUBLICO.PT". web.archive.org (en portugués). 2012-05-21. Archived from the original on 21 de maio de 2012. Consultado o 2020-04-11.
- ↑ "Trevisan e a batalha na ABL. Radar on-line - Lauro Jardim - VEJA.com". web.archive.org (en portugués). 2013-06-23. Archived from the original on 23 de xuño de 2013. Consultado o 2020-04-11.
- ↑ Dalton Trevisan - Biografia Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Projeto Releituras
- ↑ "Guerra Conjugal (1975)" (en castelán). Consultado o 2020-04-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fragmento do libro Douscentos ladróns - Editora L&PM