Dan (artes marciais)
Dan é unha graduación utilizada nas artes marciais xaponesas. Chegar ao nivel de dan significa superar o nivel de kyu; a partir de aí o practicante usa cinto negro, e xeralmente pode tornarse instrutor. En aikido, é o momento a partir do cal é permitido o uso de hakama para os homes (as mulleres tradicionalmente xa poden usalo a partir do 2ºkyu).
Hai diferentes niveis de dan, usualmente de primeiro ata noveno ou décimo dan. Os niveis máis baixos normalmente poden ser conseguidos a través de exames ou competicións; os máis altos, porén, requiren décadas de experiencia e contribución para a arte, a través de actividades de instrución, investigación ou a publicación de traballos escritos. Esas graduacións só poden ser conferidas polos representantes xerarquicamente máis elevados dun determinado dojo ou organización.
O nivel máis alto, de décimo dan, é ás veces reservado para o fundador dunha arte, e só el pode conferir outros décimos dans. Por causa diso, nalgunhas artes marciais, este nivel tornase extinto despois da morte do seu fundador.
En xaponés, os graos son chamados:
- Shodan.
- Nidan.
- Sandan.
- Yondan.
- Godan.
- Rokudan.
- Shichidan.
- Hachidan.
- Kyudan.
- Judan.