Dani Bellón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1985 (39 anos) Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Daniel Bellón García, nado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985,[1] é un gaiteiro e saxofonista galego.
Conta cunha intensa carreira musical, tanto en solitario como con diversos grupos, traballos polos que gañou numerosos premios, entre eles o Trofeo Macallan (2003), o Concurso Constantino Bellón (2001, 2005 e 2006) ou o Concurso Avelino Cachafeiro (2002, 2004, 2005 e 2006). Dende 2005 forma, xunto con Diego Maceiras, o dúo BellónMaceiras. Tamén xunto a Maceiras puxo a andar en 2010 a Escola de Música BellónMaceiras en Fene, onde imparte clase.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Ferrol pero ao pouco tempo trasladouse a Barallobre, Fene, lugar de orixe de súa nai.[2][3] Formouse como músico na banda de gaitas Airiños de Fene, á vez que estudaba no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol.[1] Con este grupo fixo importantes actuacións como a da inauguración da Expo '98, en Lisboa, ou dúas participacións no Festival Intercéltico de Lorient, en 1999 e 2001, ademais da gravación dun disco, Identidade. En 2001 recibiu un curso de perfeccionamento de gaita impartido por Carlos Núñez e participou como solista no Trofeo Macallan en 2002 e 2003, quedando segundo na súa primeira participación e acadando a vitoria na segunda. Dous anos antes formara xunto a Pedro Lamas o grupo Luvas verdes, un cuarteto de música tradicional[4][5] que publicou o seu primeiro disco en 2005, co título Fandango desesperado.[1] O disco contou coas colaboracións de Agustín Sánchez, Antía Barreiro e Xabier Díaz (voz).[6]
Tamén en 2005 iniciou un novo proxecto musical xunto a Diego Maceiras, o dúo BellónMaceiras, unindo gaita e acordeón. O dúo gañou o VII Certame Folk de Radio Obradoiro, e, xunto a Álex Blanco foron os vencedores no Proxecto Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2006, o que lles deu a posibilidade de actuar no escenario principal o ano seguinte.[7] Foron un dos grupos da delegación galega no Festival Intercéltico de Lorient de 2006. En decembro de 2006 publicaron o seu primeiro disco co título Unión das Terras. Realizaron numerosas actuacións como presentación do disco, tanto en Galicia como en España (Madrid, Barcelona, Málaga) e Europa (Andorra, Suíza), e incluso en Nova York.[6]
En 2007 incorporaron tres novos membros, Juan "Cabe", Miguel Lamas e Juan Tinaquero, para formar BellónMaceiras Quinteto, grupo co que publicaron en 2010 o disco FolkFusión.[8] En 2010 Bellón fundou en Fene xunto a José Maceiras a súa propia escola de música, co nome de Escola de Música BellónMaceiras,[9] alcanzando ao pouco tempo os 100 alumnos.[10]
No ano 2016 publicouse o segundo álbum do dúo BellónMaceiras, titulado Ten. Constou de 10 temas e contou con varias colaboracións, entre elas as da organista rusa María Moiséeva ou o violinista galés Oliver Wilson-Dickson.[11][12]
Discografía
[editar | editar a fonte]Con Airiños de Fene
[editar | editar a fonte]- Identidade (2002)
Con Luvas verdes
[editar | editar a fonte]- Fandango desesperado (2005)
Con BellónMaceiras
[editar | editar a fonte]- Unión das Terras (2007)
- Ten (2016)
Con BellónMaceiras Quinteto
[editar | editar a fonte]- FolkFusión (2010)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Biografía de Daniel Bellón". www.danielbellon.com. Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ "Daniel Bellón, o gaiteiro de Barallobre". Xunta de Galicia. Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ "Aparicións na prensa" (PDF). www.danielbellon.com. Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ "Cantos – Luvas Verdes [2005]". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ "Luvas Verdes regresa para "llevar la gaita fuera de Galicia"". El País (en castelán). 13 de abril de 2007. Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 "Formacións de Daniel Bellón". Consultado o 27 de abril de 2020.
- ↑ "El trío de Daniel Bellón gana el certamen Runas de Ortigueira". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 2006. Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ "O Bellón Maceiras Quinteto presenta o seu primeiro disco, "Folk Fusión"". 5 de abril de 2010. Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ "BellónMaceiras pon escola". 13 de setembro de 2010. Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ "Dani Bellón el gaiteiro más laureado de la historia" (en castelán). 4 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ "Diez canciones para celebrar una década de folk fusión". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de decembro de 2015. Consultado o 28 de abril de 2020.
- ↑ ""Ten é un remexido de 10 anos de vivencias”". 24 de maio de 2016. Consultado o 28 de abril de 2020.