Daniel Carballo Cousido
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de marzo de 1824 A Coruña, España |
Morte | 29 de decembro de 1889 (65 anos) Madrid, España |
Gobernador civil da provincia de Madrid | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, político |
Daniel Carballo Cousido, nado na Coruña o 14 de marzo de 1824 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1889[1], foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Tomasa Cousido, de Pontedeume, e de Tomás Carballo Casado, de Tioira (Maceda).[2]
Comezou a súa formación na Coruña e despois foi estudar leis á Universidade de Santiago de Compostela. En 1846 instalouse en Madrid, dedicándose ao xornalismo. Foi redactor do Boletín Oficial del Ministerio de Comercio e do periódico El Fomento e director do periódico madrileño La Nación. Militou na Unión Liberal, foi elixido deputado polo distrito da Coruña en 1854 e 1858, polo distrito de Xinzo de Limia en 1865, novamente polo da Coruña en 1869, polo de Betanzos en 1871 e 1872 e polo distrito de Ortigueira en 1876 e 1879. Foi director xeral de Sanidade (1865) Gobernador civil de Madrid, Director Xeral de Facenda e das Minas de Río Tinto en Huelva.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa zaragozana Luisa de Prat Gandiola, marquesa de Barbançon.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Polos logros obtidos para a cidade da Coruña, a Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos presidida por José Soto González construíulle un monumento nos Xardíns de Méndez Núñez da autoría de Agustín Querol, que se inaugurou o 30 de agosto de 1896.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Correspondencia de España, 4-1-1890, p. 4.
- ↑ Barreiro López, Bernardo (1986). "Un Ilustre Prócer coruñés: Daniel Carballo". Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses (22): 163–176.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Carballo Cousido |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Carballo, Daniel". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 184–185.
- "Carballo, Daniel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Fernández Caamaño, José Manuel (2012). "Daniel Carballo Cousido. Un prócer en el olvido" (PDF). Unión Coruñesa (en castelán) (2): 8. Archived from the original on 13 de xullo de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2020.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Xornalistas da Coruña
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Gobernadores civís de Madrid
- Nados na Coruña
- Nados en 1824
- Finados en 1889
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Tradutores do francés
- Tradutores ao castelán
- Profesores do Instituto Masculino de Lugo