Saltar ao contido

Daniel Ek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Ek

(2011) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Daniel Georg Ek Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de febreiro de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Vantörs parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRågsved (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoServizo en liña, tecnoloxías da información, industria musical e industria de Internet Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónemprendedor, xerente, informático teórico Editar o valor en Wikidata
Participou en
23 de xaneiro de 2013Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm4961130 Twitter: eldsjal Editar o valor en Wikidata

Daniel Georg Ek, nado en Estocolmo o 21 de febreiro de 1983, é un empresario sueco do sector da tecnoloxía da información, coñecido por ser o cofundador de Spotify.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ek medrou no distrito de Rågsved na capital sueca, e xa na súa mocidade creou webs para empresas e servizos de almacenamento web [1] Pasou pol IT-Gymnasiet de Sundbyberg en 2002 e estudou dous meses enxeñería no Real Instituto de Tecnoloxía antes de deixar a carreira e dedicarse á tecnoloxía da información. Traballou en varias empresas web como Tradera, Jajja Communications AB, Stardoll e µTorrent e creou a súa propia compañía Advertigo, dedicada á publicidade web e que vendeu a TradeDoubler en 2006 por varios millóns.

Inspirándose en Napster, servizo de intercambio de arquivos de música, empezou a pensar nunha posible nova solución para a reprodución de música en streaming que fose plenamente legal. Xunto co presidente de TradeDouble, Martin Lorentzon comezou en 2006 a desenvolver un novo sistema que recibiu o nome de Spotify. Xa desde o comezo a idea era contar coas grandes discográficas, e logo de longas negociacións o servizo púxose en marcha en Suecia e mais nalgúns países de Europa en 2008, ampliándose para Norteamérica en 2011.

  1. "Daniel Ek". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-02-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]