Saltar ao contido

Daniel Maeztu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Maeztu

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Durango, España Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 21 de outubro de 2016

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
3 de abril de 2009 – 19 de novembro de 2012

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
2009 – 2016
Circunscrición electoral: Biscaia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade do País Vasco - dereito Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAralar
Euskal Herria Bildu Editar o valor en Wikidata

Daniel Maeztu Pérez, máis coñecido como Dani Maeztu, nado en Durango, Biscaia, 1974, é un avogado e político vasco de ideoloxía independentista vasca, parlamentario vasco de Aralar e concelleiro de Durango pola mesma formación política.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola UPV/EHU e especializado en temas ambientais, é recoñecida a súa traxectoria en diversos grupos ecoloxistas, como Bizkaiko AHTren Aurkako Asanblada (Asemblea contra o Tren de Alta Velocidade de Biscaia) e AHT Gelditu! Elkarlana. Ademais, desempeña labores de avogacía desde o seu propio despacho en Durango.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Membro de Aralar dende o ano 2002, resultou elixido concelleiro de Durango nas eleccións municipais de 2003.[1] Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2009 encabezou as listas dese partido por Biscaia, obtendo un escano.[1]

Durante o V Congreso de Aralar, celebrado en setembro de 2011, foi elixido membro da executiva, e máis tarde foi nomeado vicecoordinador.[1][2]

Segue sendo membro do Parlamento Vasco ó conseguir revalidar a súa acta parlamentaria nas eleccións do 21 de outubro de 2012, nas que se presentou no posto número 4 nas listas da coalición EH Bildu por Biscaia.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 Aralar. "Dani Maeztu Perez". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  2. "Patxi Zabaleta reelixido coordinador xeral de Aralar por quinta". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 18 de novembro de 2016. 
  3. "EH Bildu aposta por «un Executivo que traia o cambio a este país»". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 18 de novembro de 2016.