Daniel Vázquez Campo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1894 Chantada, España |
Morte | 14 de decembro de 1940 (46 anos) Ribadavia, España |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Federación Republicana Gallega 22 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933 ← Juan Tizón Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Federación Republicana Gallega 17 de xullo de 1931 – 24 de xullo de 1931 – Manuel Portela Valladares → Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Presidente da Deputación de Lugo | |
1931 – 1932 ← José Benito Pardo Rodríguez – José Sánchez Gacio → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Pilar Vázquez Cuesta |
Irmáns | Antonio Vázquez Campo |
Daniel Vázquez Campo, nado en Chantada o 20 de febreiro de 1894 e finado en Ribadavia o 14 de decembro de 1940, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Daniel Vázquez Bóo. Cursou o bacharelato en Ourense. Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid (1926). Exerceu como avogado en Chantada. Colaborador do periódico Hidalguía e director de La Voz del Agro. Foi un dos promotores da Asociación Republicana de Chantada o 9 de novembro de 1930 xunto con Antonio Noguerol Eyré e Modesto Álvarez Taboada, e o seu primeiro presidente, sendo reelixido en febreiro de 1931,[1] e novamente en 1933. O 10 de marzo de 1930 foi un dos fundadores da Organización Republicana de Lugo, que se uniu á ORGA, e foi presidente da Comisión Xestora da Deputación de Lugo cando se proclamou a Segunda República Española. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola ORGA. Durante a República viviu en Madrid exercendo de avogado de Radial Argentina.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid. A súa muller e fillos marcharan uns días antes. Permaneceu na cidade durante toda a guerra. Cando rematou volveu a Galicia, pero preferiu non regresar a Chantada para evitar represalias. Instalouse en Ribadavia,[2] onde tiña unha irmá e tiña previsto abrir un bufete.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Modesta Cuesta Gutiérrez, de Medina de Rioseco, en 1925,[3] e foi pai da escritora Pilar Vázquez Cuesta.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Daniel Vázquez Campo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003). Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia : Real Academia Galega. pp. 78–79. ISBN 84-87987-27-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Proclamación da República en Chantada Arquivado 06 de novembro de 2008 en Wayback Machine.
- Pardo, Alfredo (24/4/2022). "O espírito republicano de Vázquez Campo" El Progreso.
- Pardo, Alfredo (8/5/2022). "O proxecto do Estatuto galego" El Progreso
Predecesor: José Benito Pardo Rodríguez |
Presidente da deputación de Lugo 1931 - 1932 |
Sucesor: José Sánchez Gacio |