Saltar ao contido

Daniela Ospina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniela Ospina

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Itagüí, Colombia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMiami Beach (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstitución Universitaria Politécnico Grancolombiano (en) Traducir - administración de empresas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo, emprendedora Editar o valor en Wikidata
DeporteVoleibol Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJames Rodríguez (2010–2017), divorcio Editar o valor en Wikidata
IrmánsDavid Ospina Editar o valor en Wikidata

Facebook: Daniela-Ospina-Ramirez-267007603506101 Twitter: dani_ospina22 Instagram: daniela_ospina5 Editar o valor en Wikidata

Daniela Ospina Ramírez, nada en Itagüí o 22 de setembro de 1992, é unha modelo e empresaria colombiana, antiga xogadora de voleibol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Daniela naceu no seo dunha familia afeccionada ao deporte, seu irmán máis novo é David Ospina, porteiro do Napoli e da selección colombiana de fútbol. Afeccionada ao voleibol o seu primeiro equipo foi o Itagüí Voleibol Club e posteriormente xogou no Sabaneta Voleibol Club, o Club Leca de Portugal e o seu último equipo foi o Voley Playa Madrid[1] que deixou en 2017. Formou parte das seleccións de voleibol de Antioquia e de Colombia[2].

No ano 2016 debutou como modelo facendo en campañas para a marca de roupa deportiva BrandFit Colombia e tamén como imaxe principal da marca de vaqueiros de Colombia, Joy Staz Jeans e da empresa de maquillaxe Nácar Make-Up, xunto coa presentadora de Caracol TV, Vanessa Peláez.

Participou na versión colombiana de Bailando con las Estrelas que emitiu RCN Televisión en 2016, e permaneceu no concurso durante un mes ata que a eliminaron. En 2016 graduouse en administración de empresas na Institución Universitaria Politécnico Grancolombiano.

En 2017 quitou a súa propia liña de roupa deportiva co nome de Danfive e que a partir de 2018 conta con tendas físicas [3]. Dende 2019 colabora co programa de radio El VBar da emisora colombiana Caracol

Entre 2010 e 2017 estivo casada co xogador do Everton FC e da selección colombiana, James Rodríguez[4] e tras o seu divorcio foi vivir a Medellín coa súa filla e en 2019 aveciñouse en Miami.

  1. "La colombiana Daniela Ospina triunfa con el VP Madrid". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2016. 
  2. "“Me ayudó a ser independiente, luchadora y muy competitiva”: Daniela Ospina extraña el vóleibol". Noticias Caracol. 22 de outubro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de setembro de 2020. 
  3. "La marca Danfive de Daniela Ospina proyecta la apertura dos locales más durante 2019". La República. 19 de febreiro de 2018. 
  4. "David Ospina reveló cómo James Rodríguez conquistó y se casó con su hermana". La República. 7 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2017. Consultado o 27 de setembro de 2020.